O BNG insta á Consellería de Sanidade a cubrir as baixas e vacacións do persoal de matrona durante o verán
A deputada por Lugo no Parlamento galego, Olalla Rodil, presentará iniciativas no Parlamento galego denunciando a falta deste servizo a que está afectar ás mulleres embarazadas
Olalla Rodil “na área sanitaria de Lugo-Cervo-Monforte só hai 1 matrona por cada 11.273 mulleres, cando a recomendación é 1 matrona por cada 5.000 mulleres”
Lugo, 23 de xuño de 2023.- O Bloque Nacionalista Galego presentará iniciativas no Parlamento galego para esixirlle á Consellería de Sanidade a que cubra as baixas e vacacións do servizo de matrona na área sanitaria Lugo-Cervo-Monforte.
Neste momento este servizo atópase baixo mínimos, no que “é unha situación que se repite ano a ano, e aínda con máis frecuencia nas vilas e localidades pequenas de Lugo” declarou a deputada por Lugo, Olalla Rodil, no que subliñou “non pode ser que as mulleres que parimos en verán recibamos peor servizo porque o Goberno do PP decide non substituír o persoal de vacacións ou que só se atenda o máis urxente”
Rodil destacou que esta ausencia de persoal de matrona está nestes momento a moitas mulleres sen servizos de preparación ao parte ocasionando “unha perda do dereito das mulleres a uns servizos de coidados de calidade, os que son un dereito básico para garantir unha seguridade e unha saúde no proceso reprodutivo como sexual das mulleres”
Neste sentido, a deputada do BNG destacou que “Galiza conta cunha das rateos de matrona máis baixas do Estado, e Lugo das peores, na área sanitaria Lugo-Cervo-Monforte só hai 1 matrona por cada 11.273 mulleres, cando a recomendación é 1 matrona por cada 5.000 mulleres”
“Desde o BNG instamos á Consellería que se dote do persoal necesario o servizo de matronas e dos recursos materiais suficientes garantir os dereitos das mulleres todo o ano, tamén no verán” concluíu Olalla Rodil.