OLALLA RODIL, DEPUTADA NACIONALISTA, MANTIVO UNHA XUNTANZA CON REPRESENTANTES DE ANPAS E FAMILIAS AFECTADAS

O BNG insta á Xunta a cubrir a praza do persoal de pediatría de Guitiriz, Rábade e Begonte

Olalla Rodil, deputada nacionalista, mantivo unha xuntanza con representantes de anpas e familias afectadas

A formación nacionalista impulsará iniciativas no Parlamento galego para que se garanta o dereito á saúde das crianzas

O BNG insta á Xunta a cubrir a praza do persoal de pediatría de Guitiriz, Rábade e Begonte

 

Lugo, 10 de abril de 2024.- O Bloque Nacionalista Galego traslada ao Parlamento de Galiza as circunstancias polas que están a pasar as nenas e e nenos e as súas familias dos concellos de Guitiriz, Begonte e Rábade pola falta dunha persoa facultativa especialista no servizo de pediatría de atención primaria.

O Sergas deixou sen pediatra os concellos de Guitiriz, Begonte e Rábade ao non cubrir a baixa da persoa titular do servizo. Cómpre lembrar que o servizo de pediatría nestes tres concellos é compartido prestando consulta tres días á semana en Guitiriz e o resto en días alternos entre Begonte e Rábade o que xa evidencia a precariedade da atención e a sobrecarga do servizo, atendido por unha única persoa.

"A nós non serve as escusas do SERGAS de que non hai persoal substituto" declarou a deputada do BNG por Lugo no Parlamento, Olalla Rodil. " Non se poden poñer "parches" con unha persoa pasando consulta un día á semana pola tarde" Deste xeito, Rodil sinalou que as crianzas precisan dunha atención especializada "as nenas e nenos non son pequenos adultos, teñen as súas necesidades específicas por isto teñen a súa especialidade médica"

Dos 67 concellos que ten a provincia de Lugo temos 53 nos que as familias se ven obrigadas a desprazarse para recibir atención pediátrica.

Neste senso, a deputada anunciou "dende o BNG insistimos en que se cubran estas prazas canto antes e se dote do persoal sanitario preciso para garantir o dereito á saúde, sobre todo neste concellos do rural no que estas prazas están compartidas en varios concellos, como é este o caso de Guitiriz, Begonte e Rábade".

 

O BNG insta á Xunta a cubrir a praza do persoal de pediatría de Guitiriz, Rábade e Begonte