OLALLA RODIL PRESENTOU UNHA PROPOSICIÓN NON DE LEI SOBRE O ESTADO DO FIRME NA AUTOVÍA DO NOROESTE (A6) ASÍ COMO AS MEDIDAS A ADOPTAR PARA GARANTIR O SEU CORRECTO MANTEMENTO

O BNG leva ao Parlamento o “desastroso” mantemento da Autovía do Noroeste (A-6) no tramo galego

a6

“Calquera que percorra un tramo da A-6, por exemplo entre Montesalgueiro e Becerreá, sabe do que estamos a falar e da necesidade de intervención” afirmou Olalla Rodil

O BNG leva ao Parlamento o “desastroso” mantemento da Autovía do Noroeste (A-6) no tramo galego

Lugo, 18 de febreiro 2018. A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, informou da presentación dunha Proposición non de Lei no Parlamento Galego para que o Parlamento inste a Xunta de Galiza a desenvolver as accións necesarias diante do Goberno español para exixir o arranxo do firme na A-6. Rodil cualificou como “desastroso” o mantemento do firme da A-6 no tramo galego que “afecta máis a uns tramos que outros, pero hai zonas especialmente afectadas e algunhas practicamente intrasitables”.

“A falta de mantemento no firme da A-6 no tramo galego evidénciase a pouco que calquera colla o vehículo e pase por este tramo da Autoestrada do Noroeste construído hai dúas décadas” sinalou Rodil. Son habituais as fochancas en moitas zonas e tamén existe un importante deterioro xeral do firme, pricipamente nos carriles utilizados polos vehículos de gran tonelaxe. Para o BNG “esta situación débese a unha desatención evidente por parte da empresa concesionaria encargada da súa xestión (cuxo contrato remata este verán) e pola deixadez do Ministerio de Fomento, titular da infraestrutura.”

 

23.000 vehículos diarios entre Lugo e Outeiro de Rei

O actual estado do firme supón un risco para os milleiros de persoas que transitan no seu vehículo e que a diario fan uso desta autovía. Rodil cuantificou a importancia desta vía sinalandou que un promedio de 23 mil vehículos, ao día, circulan no tramo entre o polígono industrial do Ceao, na cidade de Lugo, e Outeiro de Rei.

O BNG leva ao Parlamento o “desastroso” mantemento da Autovía do Noroeste (A-6) no tramo galego