RUBÉN ARROXO DESTACOU A IMPORTANCIA DA MOBILIZACIÓN "NUN CONTEXTO NO QUE PERSISTEN CONFLICTOS LABORAIS EN TODO O PAÍS, É PRECISO LOITAR POLOS DEREITOS FUNDAMENTAIS"

O BNG de Lugo chama á mobilización da clase traballadora no Primeiro de Maio


Rubén Arroxo destacou a importancia da mobilización "nun contexto no que persisten conflictos laborais en todo o país, é preciso loitar polos dereitos fundamentais"

Arroxo afirmou que "o comportamento da veciñanza ante o apagón foi exemplar"

O BNG de Lugo chama á mobilización da clase traballadora no Primeiro de Maio




Lugo, 30 de abril de 2025. O Portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo, fixo un chamamento público a todaa veciñanza de Lugo para participar participar activamente nas mobilizacións convocadas mañá, 1º de Maio, Día Internacional da Clase Obreira. Rubén Arroxo afirmou que "vivimos nun contexto no que persisten conflitos laborais en múltiples puntos do país" e afirmou que "a loita polos dereitos fundamentais continúa a ser imprescindible e non pode ser abandonada".

O BNG participará un ano máis na manifestación convocada pola CIG, que partirá ás 12:00 horas diante do edificio sindical. "Animamos á veciñanza de Lugo a sumarse a esta xornada de reivindicación, na que é preciso lembrar que os dereitos laborais conquístanse e deféndense na rúa" afirmou Arroxo.

Apagón
En resposta ás preguntas dos medios de comunicación, Rubén Arroxo destacou a importancia de que Lugo fose a primeira cidade de Galiza en recuperar a normalidade tras o apagón, "evitando así problemas maiores como a falta de alumeado público durante a noite" explicou.

Arroxo aproveitou a ocasión para "agradecer o esforzo e a profesionalidade de todo o persoal municipal que traballou arreo durante esas horas, así como o comportamento exemplar da veciñanza, que soubo xestionar o tráfico nos cruces sen semáforos con responsabilidade e civismo".

O BNG de Lugo chama á mobilización da clase traballadora no Primeiro de Maio