O BNG NON VAI SUBSTITUIR A OROZCO POR CASTIÑEIRA AFIRMOU PAZ ABRAIRA
A voceira do BNG no Concello de Lugo desbotou calquera posibilidade dunha moción de censura no Concello de Lugo
O BNG esixe responsabilidades políticas tanton en Lugo como en Coruña ou Santiago aos cargos que aparecen imputados en procesos xudiciais
Lugo, 4 de febreiro, 2013. A voceira do BNG no concello de Lugo saíu ao paso das declaracións nas que o voceiro do PP plantexaba unha posible moción de censura entre nacionalistas e populares para desaloxar ao actual alcalde do goberno. Abraira dixo que o primeiro que ten que facer o partido popular é resolver o problema que teñen nas corporacións que eles gobernan. A edil nacionalista fixo referencia aos graves casos de corrupción nos que está inmerso o partido popular dende a operación Pokemon, nos concellos de Lugo, Coruña ou Santiago, ata os máis escandalosos a nivel estatal como os Gurtel ou Bárcenas.
Paz Abraira afirmou que o BNG non vai substituir a Orozco por Castiñeira xa que a corrupción do PP e PSOE chega a todos os lugares e aféctalles a eles como organización política e ás institucións nas que gobernan. A voceira nacionalista sinalou que o BNG esixe o mesmo para que a uns que a outros e no caso de aceptar participar na moción de censura plantexada polo voceiro do PP no concello de Lugo estariamos metendo no goberno do concello de Lugo a un partido con gravísimos problemas de corrupción en todo estado.
O BNG esixe responsabilidades políticas dixo Abraira e engadiu que solo se poden asumir presentando a dimisión tanto o alcalde de Lugo como o de Coruña e Santiago que tamén están directamente afectados pola operación Pokemon. Para o BNG a asunción das responsabilidades políticas non implica a declaración de culpabilidade xa que eles poderán defender a súa inocencia pero a única maneira de asumir responsabilidades políticas cando se ocupa un cargo na administración é presentando a dimisión.