O BNG VE CLARAS RESPONSABILIDADES POLÍTICAS NO CASO DA CONCESIÓN DE LICENCIAS DO GARAÑON
Paz Abraira dixo que o BNG pide responsabilidades políticas, e axilidade á xustiza
O BNG xa manifestou durante a celebración do pleno, no momento en que foi tratado este asunto, que a aprobación daquel PERI somentes beneficiaba a un propietario
Lugo, 16 de novembro de 2013. A edil do BNG, Paz Abraira, saíu ao paso das información publicadas esta fin de semana nas que se da conta dunha nova investigación xudicial que investiga as licenzas urbanísticas sobre licenzas urbanísticas no concello de Lugo. A edil nacionalista falou con claridade sobre a irregularidade que supón que se convoque unha xunta de goberno en período vacacional para aprobar un PERI que lles concede aos construtores un aproveitamento do chan que o lei do solo lles negaría.
Para o BNG resulta inconcebible que de este tipo de actuacións irregulares somentes deriven responsabilidades administrativas e que sexamos os veciños e veciñas de Lugo quenes teñamos que facer cargo das consecuencias desas actuacións. Abraira engadiu que non fomos os veciños e veciñas de Lugo os que convocamos unha xunta de goberno en período vacional para saltarnos a aplicación da Lei do Solo de Galicia e polo tanto será o goberno o resonsábel destes feitos. O BNG somentes pide, aclarou Paz Abraira, responsabilidades políticas, e lembrou que naquel momento era un goberno con maioría absoluta que facía e desfacía ao seu antoxo.
O BNG xa manifestou durante a celebración do pleno, no momento en que foi tratado este asunto, que a aprobación daquel PERI somentes beneficiaba a un propietario e Abraira lembrou que tamén houbo colectivos sociais e veciñais que se manifestaron neste mesmo senso. Para os nacionalistas non vale a excusa de que o concello conseguía que se edificase menos por que eso xa o facía a Lei do Solo coa súa entrada en vigor. Paz Abraira dixo que o que fixo o goberno socialista foi, pola porta de atrás, permitirlles construir uns elementos absolutamente discordantes e que hoxe están baixo a lupa da xustiza.
Paz Abraira dixo que dende o BNG reclamamos axilidade xudicial xa que levamos moitísimo tempo con este asunto e hai que buscar unha saída na que non sexan os veciños quenes teñan que pagar a desfeita provocada por estas decisións. Abraira lembrou que o BNG xa pedira a demisión do alcalde no seu momento e tomou a decisión de abandonar o goberno municipal debido á imputación do alcalde no caso Pokemon.