VISITOU ESTE EVENTO A DEPUTADA NO PARLAMENTO GALEGO, CARME ARIA, O VICEPRESIDENTE DA DEPUTACIÓN , EFRÉN CASTRO, XUNTO CO CONCELLEIRO DO BNG DE VILALBA, TINO ALVITE, E MILITANTES E SIMPATIZANTES DA ORGANIZACIÓN
O BNG participa nunha nova edición da Tasca do Liño
Visitou este evento a deputada no Parlamento galego, Carme Aria, o vicepresidente da Deputación , Efrén Castro, xunto co concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, e militantes e simpatizantes da organización
Vilalba, 28 de outubro 2023.- O Bloque Nacionalista Galego en Vilalba participou na parroquia de Insua na celebración da décimo quinta edición da Tasca do Liño, organizada por a Asociación de Mulleres Rurais de San Bartolomeu de Insua asistindo ao pregón dado por Mario Outeiro.
Neste xa tradicional evento do outono vilalbés, estivo a deputada do BNG por Lugo no Parlamento galego, Carme Aira o vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, o concelleiro do BNG en Vilalba Tino Alvite xunto con militantes e simpatizantes da organización.
Carme Aira felicitou ás mulleres que organizan este evento "a Tasca do Liño pon en valor a nosa tradición, esa riqueza de noso patrimonio inmaterial e material que perdura no tempo, e tamén pon en valor o papel da muller do rural do pasado mais tamén do presente"
Así mesmo, a Tino Alvite destacou a importancia da celebración deste evento "este tipo de feira visualiza o que tamén é Vilalba, a súa parte rural tan necessaria para pór en valor a nosa paisaxe cos nosos vellos oficios, convertendo así un elemento do turismo e da economía local en fundamental".