O BNG participa na XII Expo-degustación da Galiña de Mos

Visitou este evento a deputada no Parlamento galego, Carme Aria,  xunto coa concelleira do BNG de Castro de Rei, Olga García e militantes e simpatizantes da organización

O BNG participa na XII Expo-degustación da Galiña de Mos


 

Castro de Rei29 de outubro 2023.- O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei participou, na parroquia de S. Xiao de Mos, na celebración da décimo segunda edición da Expo-degustación da Galiña de Mos, organizada pola Asociación de Avicultores da raza da Galiña de Mos (Avimós) e máis a asociación de veciños de S. Xiao.

Neste xa tradicional evento do outono da Terra Chá, estivo a deputada do BNG por Lugo no Parlamento galego, Carme Aira, a concelleira do BNG en Castro de Rei, Olga García, xunto con militantes e simpatizantes da organización.

Carme Aira, felicitou á asociación Avimós e á asociación de veciños que organizan este evento "por todo o labor que levan feito a prol da conservación desta raza autóctona que a piques estivo de desaparecer e que agora goza de boa saúde".

Así mesmo, Olga García, destacou a importancia da celebración deste evento "este tipo de feira visualiza a parte rural de Castro de Reitan necesaria para pór en valor o noso ruralconvertendo a crianza desta raza en algo fundamental para a nosa economía local".

O BNG participa na XII Expo-degustación da Galiña de Mos