O BNG pedirá no Parlamento Galego que se aclare o uso militar do aeródromo de Rozas
Cosme Pombo lembrou que, recentemente, o presidente da Xunta anunciou unha inversión de 45 millóns de para o uso civil do aeródromo
Vemos agora como o exercito español ven a Rozas a homologar os avións israelís que utilizan en Afganistan sinalou Pombo
Lugo, 18 de setembro de 2015. O parlamentario do BNG, Cosme Pombo, anunciou que o grupo nacionalista presentará unha iniciativa para que se aclare, en sede parlamentaria, cal é o uso que o exercito está a facer do aeródromo de Rozas. Cosme Pombo lembrou que, recentemente, o presidente da Xunta anunciou unha inversión de 45 millóns de e incidiu en que en todo momento se falou de drons para uso civil ou comercial do aeródromo.
Pombo lembrou que o BNG xa presentara diversas iniciativas sobre este asunto, tanto no Parlamento Galego como no Congreso dos Deputados e lembrou que en todas as respostas se negou o uso, para fins bélicos, de esta instalación. Neste momento é o propio exercito español quen anuncia, a través dos medios de comunicación, que está a traballar con avións non pilotados para homologar a súa aeronavegabilidade.
Segundo a propia información facilitada polo Ministerio de Defensa o modelo co que está a traballar o exercito no aeródromo de Rozas é o modelo , un avión de fabricación isrralí que foi utilizado en Afganistán.
Rozas, un posible obxectivo bélico
A utilización de Rozas para a realización de probas con aeronaves utilizadas en territorios con conflictos bélicos pode converter o aeródromo lucense un obxectivo para grupos terroristas ou paramilitares. Pombo acusou ao presidente da Xunta de irresponsabel por traer a Lugo o que pode ser a mecha que desencadene unha desgraza pola súa teima de favorecer ás empresas privadas que se lucran coas inversións públicas e militaristas.