O PÁRAMO RECIBE DA XUNTA 40.000 EUROS MENOS CADA ANO PARA ARRANXAR OS CAMIÑOS RURAIS

O BNG pide o arranxo do campo de fútbol do Páramo e propón a mellora das estradas municipais

Chus Gil O Páramo
Chus Gil - Concelleira do BNG no Páramo

A voceira do BNG, Chus Gil, sinala “que a práctica do deporte é case imposible para os rapaces que se achegan ao campo”

O BNG pide o arranxo do campo de fútbol do Páramo e propón a mellora das estradas municipais

O Páramo, 6 de abril de 2018. A voceira do BNG no concello do Corgo, Chus Gil, denunciou o mal estado do terreo de xogo no campo de fútbol do Páramo.Esta instalación deportiva está sometida á deixadez e o abandono do goberno municipal. “Investimos esforzos, cartos e tempo en facer un campo de fútbol e deixamos que se vaia deteriorando ata que se converta nunha leira de patacas” asegurou Chus Gil. O estado do campo é deplorable, e a práctica deportiva é case imposible neste momento. A voceira do BNG sinalou, tamén, que “o entorno do campo é unha mostra máis do pouco interese que hai en coidar o que é de todos e todas: os labores de limpeza non se están facendo da maneira axeitada, non se roza coa frecuencia necesaria e a herba que se sega deixase á beira do campo, de calquera maneira”.

O BNG leva anos presentando propostas para ampliar e mellorar a rede de camiños públicos que ten o Concello. “O BNG sempres solicitou que se fagan as obras atendendo ás demandas e necesidades da xente que vive no rural, mais o Concello case nunca cumpre esa premisa” explciou a voceira do BNG e engadiu que “cando o BNG propuxo o acondicionamento para vehículos dun camiño que prestaba servizo a Laxe e Adai, as obras empezáronse, pero deixaron o camiño completamente inservíbel, e así está despois de 15 anos”.

O BNG propuxo o arranxo do camiño que servirá de acceso principal ao lugar de Escouprín, que beneficiaría a unha aldea de Friolfe, e insiste en que a obra se planifique “con sentido común e responsabilidade”. O BNG informa que tamén dos problemas que afectan ao deterioro do firme e quedaron sen resolver no camiño que vai de Adai á Mámoa, fíxose a finais de 2016 unha obra pero quedou con numerosos defectos.

O BNG denuncia que a Xunta de Galiza, gobernada polo PP, recortou un 50 % as axudas para arranxar os camiños rurais. Nos anos 2017, 2018 e 2019, o concello do Páramo, recibe unha media anual de 30.993 euros menos que no 2016. “Fronte a este importante recorte, o alcalde cala e consinte e o PP vota na Deputación en contra de reclamar á Xunta que manteña, cando menos, as cantidades recibidas no 2016” concluiu Gil.

O BNG pide o arranxo do campo de fútbol do Páramo e propón a mellora das estradas municipais