OLALLA RODIL: "TRASLADAREMOS AO PARLAMENTO GALEGO AS QUEIXAS VECIÑAIS E DO PERSOAL SANITARIO POLAS DEMORAS DA PASADA SEMANA"

O BNG pide á Xunta que dote o PAC de Lugo de persoal suficiente


Olalla Rodil: "Trasladaremos ao Parlamento Galego as queixas veciñais e do persoal sanitario polas demoras da pasada semana"

O BNG pide á Xunta que dote o PAC de Lugo de persoal suficiente

 

 

Lugo, 21 de maio de 2024.- Este fin de semana no PAC de Lugo situado no CIS da Residencia sufríronse longas esperas e colas pola falta de médicos, Especialmente complicada foi a situación o xoves e o luns onde só houbo dous facultativos cando ese PAC ten asignados 3 equipos.

"Non pode ser que seis meses despois de trasladar o PAC ao CIS da Residencia a situación sexa esta" denunciou a deputada nacionalista. A Consellaría de Sanidade ten "que dotar de medios suficientes o PAC para que non se repitan situacións como a da pasada semana" con xente esperando catro horas para ser atendida ou acudindo ao hospital por falta de medios no PAC.

"Desde o BNG pedímoslle á Xunta que dote dun cuarto equipo o PAC de Lugo, como pide o persoal sanitario, para garantir o correcto funcionamento do mesmo e, sobre todo, a máxima calidade na atención sanitaria da poboación", explicou Rodil

"Cómpre lembrar que o PAC conta con tres equipos entre as tres da tarde e as dez da noite" afirmou Rodil que engadiu "mais que non sempre están no centro por diversas causas (visitas domiciliarias, traslados hospitalarios...), a pasada semana mesmo pola incapacidade do SERGAS de contar con médicos suficientes"

"É evidente, despois do acontecido, que estes equipos son insuficientes e precísase máis persoal", concluíu a parlamentaria nacionalista

O BNG pide á Xunta que dote o PAC de Lugo de persoal suficiente