EDILES DO BNG NO CONCELLO DE LUGO ACOMPAÑARON A VECIÑOS DA TINERÍA A PRESENZAR O DEBATE PARLAMENTARIO
O BNG pregunta no Pleno do Parlamento Galego pola venta dos locais da Tinería
Olalla Rodil lembrou que o BNG xa presentou unha emenda aos orzamentos reclamando unha inversión mínima de 2 millóns de euros para o barrio
Lugo, 5 de decembro de 2017. Ediles do BNG no concello de Lugo e integrantes da directiva da Asociación de Veciños do barrio da Tinería seguiron o debate parlamentario que se deu no Pleno do Parlamento Galego polas preguntas do BNG en relación á venda dos locais da Tinería que son propiedade do IGVS. A deputada por Lugo, Olalla Rodil, pediu explicacións ao goberno galego pola intención de desfacerse deste patrimonio público no que se investiron centos de miles de euros públicos para a súa rehabilitación.
Rodil lembrou que o BNG, presentará no Parlamento Galego unha emenda aos orzamentos da Xunta para reclamar 2 millóns de euros para o ano 2018 e que se continúe o proceso rehabilitación e rehabitación. A parlamentaria do BNG pronunciouse contra a intención do PP de poñer á venda os inmobles que a Xunta posúe no barrio da Tinería e sinalou “o PP debería preocuparse de rehabilitar e rehabitar o barrio e non de dilapidar o patrimonio público que posúe a Xunta no barrio”. Rodil lembrou que todo o traballo de rehabilitación feito no barrio da Tinería foi acometido cando o BNG tivo responsabilidades de goberno na Xunta de Galiza e fixo fincapé “dende que Feijoo chegou ao goberno da Xunta non se fixo na da neste barrio e o único que vai facer o PP e promover un pelotazo urbanístico vendendo a baixo prezo uns inmobles que foron adquiridos e rehabilitados con fondos públicos”.
Para o BNG é necesario acometer a restauración do Pazo de Dona Urraca e poñer en valor os fornos e restos arqueolóxicos que se atopan na zona para continuar avanzando na recuperación do barrio como polo de atracción turística da cidade. Olalla Rodil dixo que “o BNG traballará para rematar o Plan empezado de rehabilitación do barrio da Tinería, para darlle vida aos edificios públicos da propia Xunta neste barrio, a rematar o Pazo de Doña Urraca” e engadiu “é estratéxico para Lugo a posta en valor do noso patrimonio, que o é tamén de toda a Humanidade”