O ACTUAL VOCEIRO, XOSÉ LOIS GONZÁLEZ SOUTO REPETIRÁ COMO CANDIDATO Á ALCALDÍA E MÓNICA ROCA E AFONSO LOSADA OCUPARÁN OS SEGUINTES POSTOS
O BNG presentou o primeiro tramo da súa candidatura ás municipais en Guitiriz
“Aglutinaremos o voto da esquerda en Guitiriz por que o BNG é a única proposta sería que se presenta cun proxecto claro” dixo Pereira
Guitiriz, 2 de xaneiro de 2018. O BNG presentou ao candidato á alcaldía no concello de Guitiriz, Xosé Lois González Souto “Pereira”, que estará acompañado no primeiro tramo por Mónica Roca e Afonso Losada. Segundo Pereira “faremos unha candidatura para gobernar en Guitiriz, formada por persoas de recoñecida solvencia e integridade” e engadiu “despois deste nefasta mandato aglutinaremos o voto da esquerda en Guitiriz por que o BNG é a única proposta sería que se presenta consolidada e cun proxecto claro para o concello”.
“Estamos recibindo mostras de apoio por que se percibe ao BNG como unha forza renovada, en claro ascenso, con proxecto para Guitiriz e para Galiza e temos o respaldo de moitos anos de traballo serio e rigoroso” dixo Pereira. Dende o BNG cualificouse como “desgastado e sen proxecto” ao actual equipo de goberno e argumentouse que “Guitiriz precisa ideas novas e xente con ilusión para levalas a cabo”. O BNG presentará unha candidatura incorporando novas caras e na que se mesturarán persoas con activismo en diversos ámbitos.
Pereira afirmou “imos a por todas por que estamos convencidos de que é o momento de darlle un cambio á política deste concello”. O actual voceiro do BNG sostivo que “a presenza do BNG na corporación municipal foi fundamental neste mandato para garantir o mantemento de moitos servizos públicos e imos traballar obter o mellor resultado posible e facer que Guitiriz avance a partir de maio de 2019”.