O BNG reclama ao goberno do Estado que intensifique o mantemento da N-540 e trámite pola vía de urxencia a reforma integral
Lugo, 24 de febreiro de 2024.- O grupo provincial do BNG presentará no vindeiro pleno -27 de febreiro- unha moción para reclamar ao goberno do Estado que intensifique as labores de mantemento na N-540 e que tramite polo procedemento de urxencia a reforma integral desta vía que comunica as cidades de Lugo e Ourense.
A formación nacionalista considera que a licitación da reforma, cun prazo de execución de 36 meses, supón un horizonte inasumible dado o estado da vía, que provoca incidencias máis ou menos graves a diario, prexudicando gravemente a veciñanza e o tecido socioeconómico das comarcas do sur da provincia.
A moción concreta que non é suficiente con incrementar o número de sinais de perigo que avisan do firme en mal estado, xa que este tipo de actuacións non evita o incremento de incidencias coas rodas, cos parabrisas e incluso accidentes de tráfico, e demanda actuacións provisionais que restauren o firme nas zonas máis danadas, en tanto non se executa a reforma definitiva.