O BNG defenderá, no Parlamento Galego, síngularidade das titulacións a impartir en Lugo pola USC

Montserrat Valcárcel  sinalou que "é unha decisión da Xunta e demostra que o PP de Ourense ten moito máis poder que o de Lugo para levar as titulacións que estaban establecidas no Campus de Lugo"

 

"Temos que defender o caracter rural do Campus de Lugo", afirmou a Parlamentaria electa do BNG e ex-Vicerreitora do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel

O BNG defenderá, no Parlamento Galego, síngularidade das titulacións a impartir en Lugo pola USC

 

Lugo, 23 de febreiro de 2024. A Parlamentaria electa do BNG por Lugo, Montserrat Valcárcel, explicou que "unha vez constituido o Parlamento, o BNG presentará unha iniciativa para defender a síngularidade das titulacións, estudos e investigacións a realizar no Campus de Lugo". No DOG do 8 de febreiro de 2024 aparece, disposto pola Xunta de Galiza, a acreditación como Campus de especialización do Campus Agua da Universidade de Vigo en Ourense. Nesta Orde dictada pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vese claramente "a intención de potenciar a oferta formativa deste Campus en torno á especialización agraría e alimentaría ata agora concedida ao Campus Terra da USC situado en Lugo".

 

"Resulta especialmente chamativo que no apartado de docencía exista unha duplicidade de titulacións que ata o de agora nunca fora permitida pola Xunta de Galicia" asegurou Valcárcel e sinalou que "é unha decisión da Xunta de Galiza e demostra que o PP de Ourense ten moito máis poder que o de Lugo para levar as titulacións que estaban establecidas no Campus de Lugo". A renovación do mapa de titulacións do sistema universitario galego estaba en pausa "tal e como manifestou o propio Conselleiro e mesmo o Reitor da USC" neste DOG dase, por parte da Xunta, vía libre ao Campus sito en Ourense para albergar novos titulos de grao que poderían entrar en conflito coas titulacións do Campus Terra situado en Lugo.

 

Montserrat Valcárcel dixo que "de cara ao establecemento de novas titulacións e estudos de diferentes graos é preciso contar recursos propios do Campus que non aparecen sinalados no DOG". Foron diferentes institucións e axentes, entre eles o propio PP, os que manifestaron a necesidade de que o Campus Universitario de Lugo contase, en exclusiva, cun carácter diferenciado e exclusivo dentro do sistema universitario galego. 

O BNG defenderá, no Parlamento Galego, síngularidade das titulacións a impartir en Lugo pola USC