“OS PASOS DE CEBRA ESTÁN BORRADOS DO ASFALTO E PARA MOITAS PERSOAS SON IMPERCEPTIBLES, TAMÉN POLA FALTA DE ILUMINACIÓN” APUNTOU O VOCEIRO DO BNG
O BNG reclama pasos de peóns elevados e iluminados en Castroverde
No mes de outubro aprobouse unha proposición do BNG no Pleno do Concello para mellorar a sinalización e non se fixo nada
Castroverde, 19 de febreiro de 2019. O voceiro do BNG, Xosé Gómez, reclamou a inmediata mellora da sinalización horizontal para mellorar a seguridade na vila de Castroverde “o Pleno do concello xa aprobou unha iniciativa do BNG neste sentido en setembro de 2018, pero non se fixo nada e as consecuencias son fatais”. No acordo plenario, unánime, instábase á Xunta de Galiza a tomar as medidas necesarias para renovar e mellorar a sinalización vial no casco urbano da vila de Castroverde, para ordenar e favorecer unha circulación rodada e peonil máis segura e minorar as posibilidades dun futuro atropelo ou accidente.
A proposta do BNG pasa pola instalación de pasos de peóns elevados na vila de Castroverde e pola iluminación específica deste puntos. “As persoas que conducen non visualizan as zonas sinalizadas, apostamos por facer pasos elevados e por instalar luminarias para iluminar este pasos” dixo Xosé Gómez.
A sinalización de seguridade vial na vila de Castroverde está moi deteriorada. Suprimíronse os semáforos informativos e os pasos de peóns están despintados e moi borrosos. Esta deficiente sinalización favorece que se produzan, con frecuencia, atropelos e perigo para as viandantes, principalmente na rúa Rosalía de Castro, que hai que intentar evitar ou minorar todo o posible.