ARROXO: “A XUNTA DEBE RETIRAR ESTA MEDIDA DE MANEIRA INMEDIATA”

O BNG reclamará no vindeiro pleno que a Xunta manteña a atención sanitaria nos centros de saúde de Lugo

Grupo Municipal do BNG, con Ana Pontón e Olalla Rodil
Grupo Municipal do BNG, con Ana Pontón e Olalla Rodil

Na proposta, o BNG pedirá que se garanta ”unha atención sanitaria próxima e accesible para a veciñanza”

O BNG reclamará no vindeiro pleno que a Xunta manteña a atención sanitaria nos centros de saúde de Lugo

Lugo, 18 de setembro de 2020.  O portavoz do grupo municipal do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que presentará unha proposición no vindeiro pleno para instar á Xunta de Galiza a reverter a centralización da atención médica os sábados no centro de saúde de Fingoi. “Nunha situación de emerxencia sanitaria na que se están a implantar medidas de distanciamento físico e controis de cabida, acumular persoal sanitario e doentes nun único espazo é unha medida que non ten sentido e que ademais pode poñer en risco ao persoal e ás doentes”, explicou Rubén Arroxo

 

“É inexplicable que as case 100.000 habitantes de Lugo se vexan na obriga de desprazarse ata Fingoi en lugar de recibir a asistencia médica no centro de saúde do seu barrio, como se viña facendo até o de agora”, declarou Rubén Arroxo, que engadiu “este cambio reducirá a calidade da atención primaria, que xa leva anos sufrindo recortes de medios e persoal”.

 

Na proposta, o grupo municipal do BNG pedirá que se garanta unha atención próxima e accesible para a veciñanza de Lugo, “hai que ter en conta que unha gran parte da poboación que precisa desta atención son persoas maiores ou con problemas de mobilidade” afirmou explicou Rubén Arroxo, que afirmou que “a Xunta debe retirar esta medida de maneira inmediata, antes de comezar a aplicala”.

O BNG reclamará no vindeiro pleno que a Xunta manteña a atención sanitaria nos centros de saúde de Lugo