O BNG rexistrou a súa candidatura por Lugo na Xunta Electoral

O BNG rexistrou a súa candidatura por Lugo na Xunta Electoral

O responsábel comarcal do BNG de Lugo, Mario Outeiro, mailo responsábel electoral, inscribiron ás persoas que fan parte da candidatura do BNG pola provincia de Lugo, encabezada por Cosme Pombo

Lugo, 17 de setembro de 2012. Esta mañá,  o responsábel comarcal do BNG de Lugo, Mario Outeiro, mailo responsábel electoral diante da xunta electoral, rexistraon a candidatura do BNG pola provincia de Lugo, encabezada por Cosme Pombo na xunta electoral estabelecida na Audiencia Provincial de Lugo.

Esta candidatura foi aprobada pola ampla maioría da militancia do BNG de Lugo e ratificada no Consello Nacional do BNG o pasado sábado. Mario Outeiro afirmou que “a militancia aprobou nun proceso totalmente asamblear unha lista cos mellores homes e mulleres, paritaria, onde todos os sectores e todas as comarcas están representadas. O BNG vai concorrer a estas eleccións coas mellores persoas para defender as mellores ideas, porque no BNG cremos que fronte ás políticas fracasadas do PP hai alternativa, e esta alternativa, a representada polo BNG, é necesaria e viábel. Unha alternativa construída arredor de tres eixos fundamentais: traballo, democracia e soberanía”.

COSME ELADIO POMBO RODRÍGUEZ

Nado no Incio en 1956. Vive e desenvolve a súa actividade profesional na cidade de Lugo como Mestre de Primaria no CEIP Anexa de Lugo.

Foi concelleiro e portavoz municipal do BNG no Concello do Incio dende 1995 a 2007 e deputado provincial na Deputación de Lugo de 1995 a 2003. Ocupou o cargo de delegado provincial da Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia en Lugo de marzo de 2008 ata o pasado mes de abril de 2009. Foi candidato do BNG ao Senado nas Xerais do 2011.

Vinculado ao mundo asociativo e cultural, é membro fundador da asociación cultural A Ouriceira e do grupo de gaitas Xarín, do Incio.

CANDIDATURA POR LUGO

1.- Cosme Pombo Rodríguez. Lugo Centro. Mestre

2.- Isabel Sánchez Montenegro. Monforte. Deputada Parlamento de Galiza

3.- Ana Ermida Igrexas. Barreiros. A Mariña. Galiza Nova

4.- Antonio Niño Saavedra. Lugo Centro. Sindicalista

5.- Xabier Campos. Ribadeo. A Mariña. Concelleiro

6.- Inés Novo. Vilalba. Lugo Centro. Concelleira

7.- Francisco Villanueva. Lugo. Traballador da Saúde.

8.- Cristina Ferreiro López. Lugo. Plataforma SOS Sanidade Pública

9.- Xosé Paleo Rodríguez. Foz. A Mariña. Sindicalista en Alumina

10.- Mar Pérez Fra. Lugo. Profesora da USC

11.- Marco López. Xove. A Mariña. Portavoz municipal

12.- Concepción García Iglesias. Taboada. Lugo Sur. Consello comarcal

13.- Bernardo Fraga. Viveiro. A Mariña. Tenente de alcalde

14.- Elba Carreira. A Pastoriza. Lugo Centro. Portavoz municipal

15.- Antón Bao. Lugo. Tenente de alcalde

O BNG rexistrou a súa candidatura por Lugo na Xunta Electoral