"TEMOS QUE TER EN CONTA QUE ESTAMOS NO VERÁN E QUE A POBOACIÓN TANTO NA FONSAGRADA COMO EN NEGUEIRA DE MUÑIZ AUMENTA E O PERSOAL DISMINUE", EXPLICA FERNÁNDEZ

O BNG volve concentrarse na Fonsagrada logo das "ocorrencias" do PP para reforzar os servizos durante o verán

María Fernández recriminalle á Xunta de Galiza que siga sen atender as demandas da veciñanza da montaña lucense

"Temos que ter en conta que estamos no verán e que a poboación tanto na Fonsagrada como en Negueira de Muñiz aumenta e o persoal disminue", explica Fernández

O BNG volve concentrarse na Fonsagrada logo das "ocorrencias" do PP para reforzar os servizos durante o verán

 

A Fonsagrada01 de xullo de 2024.- O BNG segue coas concentracións para reclamar unha sanidade pública digna para A Fonsagrada e Negueira de Muñiz. A responsábel local, María Fernández, recriminalle ao PP as "ocorrencias" para reforzar os servizos durante o verán " ocorrencias que á Fonsagrada nin chegan". Temos que ter en conta que a poboación na montaña lucense aumenta durante o verán co cal a presión asistencial vai ser maior e o persoal sanitario disminúe pois precisan das súas vacacións e non van ser cubertas.

Ademais denuncian tamén que Negueira de Muñiz xa quedou sen nigún médico "O parche" que puxo a Xunta de Galiza durante 2 meses chegou ata aquí, agora xa non teñen ningún médico

"Só estamos reclamando o que o que había, nin máis nin menos", recordou Fernández e tamén reclamamos as "medidas estruturais necesarias no centro de saúde para que se poidan prestar nel os servizos de radioloxía e fisioterapia, evitando deste xeito o desprazamento da veciñanza a outros municipios".

Seguiremos movilizandonos porque "se esta é a galicia que funciona apaga e vamonos, non podemos permitir a perda dun servizo máis, a Xunta tén que facilitar a vida a todas e todos os que viven no rural e un dos principais servizos é a atención sanitaria, por eso non lle imos ao PP ningún ataque máis a atención primaria nos nosos concellos".

"O dereito á sanidade pública é un dereito inembargábel, aínda que a Xunta de Galiza traballe para exterminalo. Temos nas nosas mans o dereito a defendelo e a que teñamos unha sanidade de proximidade, máis aínda nun concello como A Fonsagrada eminentemente rural e de montaña", concluíu María Fernández.

O BNG volve concentrarse na Fonsagrada logo das "ocorrencias" do PP para reforzar os servizos durante o verán