FERREIRO CUALIFICOU DE “NEFASTA” A XESTIÓN DO DEPARTAMENTO DE CULTURA QUE “NON FAI NADA NO AUDITORIO E DE SÚPETO GASTA 61.105 € EN CATRO CONCERTOS A TRAVÉS DE INTERMEDIARIOS”
O BNG-AA preguntará polo gasto de 61.105 € en catro concertos, cando o seu prezo de mercado ronda os 42.000 €
Para os nacionalistas “non é normal que despois de pagar esta cantidade se poñan prezos nas entradas que impiden que a xente poida disfrutar destes espectáculos”
Lugo, 10 de febreiro 2017. A edil do BNG-AA, Maite Ferreiro, anunciou que preguntará na comisión de cultura como se realizou e negociou a contratación de catro concertos por un importe total de 61.105 €. “Parécenos que non é normal que se gaste esta cantidade das arcas públicas para programar concertos que, como no caso de onte, apenas convocan no Auditorio Municipal a un centenar de persoas” dixo Maite Ferreiro que sinalou “é posible que a escasa asistencia de público se deba máis ao elevado prezo das entradas que á calidade dos artistas por iso queremos saber baixo que criterios se programou esta serie de concertos”.
Segundo a información obtida polo BNG-AA “o prezo de mercado destes catro concertos rondaría os 42.000 €”. O concello de Lugo pagará 61.105 € e, segundo Maite Ferreiro, “aínda que nestes prezos esté incluído o prezo dos equipos de son, entendemos que este gasto podería ser asumido dentro da partida que o concello debería ter asignada para os gastos de apertura do Auditorio”. A contratación dos 3 concertos de Marlango, Ariel Rot e Coque Malla fíxose a través de empresas intermediarias e non do único axente que leva a estes artistas “entendemos que esto supón un incremento do gasto ao introducir intermediarios” dixo Maite Ferreiro e “podería supoñer un fraude na contratación por dividirse o gasto do que podería ser un único contrato cun prezo máis reducido”.
Ferreiro cualificou de “nefasta” a xestión do departamento de cultura que “non fai nada no auditorio e de súpeto gasta 61.105 € en catro concertos a través de empresas intermediarias”. A edil do BNG-AA lembrou que no ano 2016 non se convocaron as axudas de cultura para as asociacións de Lugo que supoñían unha inversión de 24.500 € e agora gástase máis do dobre en catro concertos.
Prezos elevados e baixa asistencia
Maite Ferreiro dixo que “as lucenses pagamos estes concertos dúas veces, e moi caros”. Para a edil do BNG-AA “na situación económica na que se atopan moitas persoas non se poden permitir pagar 18 ou 15 euros para asistir a un concerto e despois de que o concello gaste 61.105 euros non parece acaído que se cobren estas cantidades que fan inviable que moita xente poida asistir”. Ademais Ferreiro indicou “ademais dos prezos elevados, a falta de publicidade e falta de habito entre o público potencial de asistir a concertos no Auditorio de Lugo fai que pouco xente asista aos concertos como se demostrou neste primeiro concerto celebrado onte”.
|
Prezo segundo ofertas de mercado |
|
Prezo pagado polo concello de Lugo |
Ariel Rot |
10890 |
|
15125 |
Marlango |
7260 |
|
8470 |
Coque Malla |
12100 |
|
19360 |
Milladorio |
12000 |
|
18150 |
|
|
|
|
TOTAL |
42250 |
|
61105 |
Nota: achégase corte de voz e copia das ofertas destes artistas.