SEGUNDO MAITE FERREIRO “ENTENDEMOS QUE SE TRATA DUNHA MULLER INCUESTIONÁBEL QUE MERECE TER UN ESPAZO CULTURAL ADICADO Á SÚA FIGURA NESTA CIDADE”

O BNG-AA proporá que o novo auditorio de Lugo leve o nome de Rosalía de Castro

IMG_20160424_194414b
Imaxe de arquivo dos edís do BNG reunidos co tecido asociativo diante do edificio do auditorio en abril de 2016

O BNG-AA buscará o consenso para que o Auditorio de Lugo leve o nome de Rosalía de Castro e presentará esta proposta no Consello Municipal de Cultura

O BNG-AA proporá que o novo auditorio de Lugo leve o nome de Rosalía de Castro

Lugo, 09 de febreiro 2017. A edil do BNG-AA, Maite Ferreiro, anunciou que levará unha proposta ao Consello Municipal de Cultura para que o novo auditorio de Lugo leve o nome de Rosalía de Castro. Segundo Maite Ferreiro “entendemos que se trata dunha muller incuestionábel que merece ter un espazo cultural adicado á súa figura nesta cidade” e “con esta proposta atendemos o acordado no Foro de Igualdade do Concello de Lugo onde se decidiu pedir que o novo auditorio leve o nome dunha muller”.

Maite Ferreiro explicou que “o novo Auditorio de Lugo debería ser o referente cultural da cidade e Rosalía de Castro e o referente mundial da cultura galega”. Para o BNG-AA “Lugo ten unha débeda con Rosalía de Castro, xa que a pesares de que xa existe un colexio e un parque co seu nome, faltaba que un edificio, rúa ou praza levase o nome da figura galega por excelencia e agora temos a oportunidade de facer xustiza e darlle ao auditorio o nome de Rosalía de Castro”. Ferreiro sinalou que “entendemos que a figura de Rosalía ten que acadar o consenso e por iso lanzamos esta proposta para que se fagan os trámites precisos canto antes”.

“O nome de Rosalía de Castro é a nosa proposta e entendemos que é perfectamente válida, pero queremos que sexa o Consello Municipal de Cultura quen adopte a decisión por que é o órgano onde estamos representadas as forzas políticas e as entidades e persoas que traballan pola cultura nesta cidade” dixo Maite Ferreiro. “Nesta mesma semana presentaremos un escrito para que se inclúa este punto na convocatoria do vindeiro Consello Municipal de Cultura” e engadiu “non queremos que a decisión do nome sexa pechada como é o edificio, ata o de agora, que so puido ser visitado por amigos de PP e PSOE”.

Apertura do edificio

Maite Ferreiro aproveitou para sinalar que tanto o goberno municipal como o da Xunta teñen que traballar para dotar o auditorio definitivamente e a facilitar que se poida abrir para que Lugo teña ao seu servizo esta instalación cultural. A edil do BNG-AA que hai iniciativas aprobadas polo pleno da corporación neste sentido e “temos que ser corresponsabeis con este compromiso que tomamos todos os grupo políticos” ademais sinalou que “foi o propio Jaime Castiñeira quen se comprometeu a organizar unha visita ao edificio para os colectivos culturais, as persoas interesadas e os grupos da corporación, pero aínda nada sabemos”.

O BNG-AA proporá que o novo auditorio de Lugo leve o nome de Rosalía de Castro