FELIPE RIVAS: “DADA A SITUACIÓN ACTUAL, COAS MEDIDAS DERIVADAS DA CRISE DO CORONAVIRUS, FACILITAR A CONCILIACIÓN ÁS FAMILIAS VÓLVESE MÁIS IMPORTANTE”

De cara ao inicio de curso todos os centros de ensino públicos da cidade poden contar con servizo de madrugadores

“Desde o concello de Lugo esforzámonos en ampliar os medios no ensino mentres a Xunta non quere exercer competencias”, afirmou Felipe Rivas

De cara ao inicio de curso todos os centros de ensino públicos da cidade poden contar con servizo de madrugadores

Lugo, 07 de setembro de 2020. O concelleiro de Educación, Felipe Rivas, lembrou que de cara ao inicio de curso todos os centros de ensino público contarán con servizo de Madrugadores. “Trátase dunha das medidas nas que comezamos a traballar nada máis chegar ao goberno e que, dada a situación sanitaria, se volve máis importante aínda”, explicou Felipe Rivas, que engadiu “este servizo permite ás familias deixar ás súas fillas e fillos antes doinicio do horario lectivo, para evitar interferencias coas súas xornadas laborais”.

Felipe Rivas explicou que “o concello xa ofertaba até o de agora este servizo en todos os centros nos que xestiona o comedor, e para este novo curso, expandímolo ao resto de centros públicos da cidade”. “Malia que no pasado novembro solicitamos formalmente á Xunta de Galiza a cesión do uso de certos espazos para este servizo, a día de hoxe seguimos sen ter resposta”, criticou o edil de Educación.

 “O esforzo das traballadoras da concellería de Educación e a colaboración das equipas directivas dos centros permitiron aumentar os servizos ofertados no ensino público mentres que a Xunta de Galiza continúa a demostrar que non quere exercer unha competencia que lle é propia”, sentenciou Felipe Rivas.

De cara ao inicio de curso todos os centros de ensino públicos da cidade poden contar con servizo de madrugadores