RODIL SINALOU QUE “ESTES SON PROBLEMAS REAIS DAS NOSAS VECIÑAS SE VECIÑOS E SON AS COUSAS POLAS QUE IMOS ABRIR UN TEMPO NOVO NO PARLAMENTO GALEGO E NA XUNTA DE GALIZA”

Unha caravana de coches do BNG percorreu o tramo Lugo - Meira para pedir o arranxo da N-640

“A N-640 é o claro exemplo do abandono de Lugo por parte do estado, precisamos poder decidir sobre nós mesmas e non ter que estar pedindo esmolas a Madrid"

Unha caravana de coches do BNG percorreu o tramo Lugo - Meira para pedir o arranxo da N-640

IMG_8945Lugo, 4 de setembro 2016. Persoas afiliadas e simpatizantes do BNG, xunto coa candidata ao Paralamento, participaron nunha caravana de coches para pedir, unha vez máis, o arranxo da N-640. A caravana, na que participaron máis de vinte vehículos, percorreu o tramo Lugo – Meira – Lugo e percorreu, tamén, as rúas da vila de Meira. Rodil sinalou que “estes son problemas reais das nosas veciñas se veciños e son as cousas polas que imos abrir un tempo novo no Parlamento Galego e na Xunta de Galiza”.

“estes son problemas reais das nosas veciñas se veciños"

A candidata por Lugo do BNG, Olalla Rodil, dixo que “A N-640 é o claro exemplo do abandono de Lugo por parte do goberno do estado e as galegas e galegos precisamos poder decidir sobre nós mesmas e non ter que estar pedindo esmolas a Madrid”. “Estamos a falar dunha estrada que é a principal comunicación entre Lugo, a Terra Chá, a Mariña e Asturias, que é responsabilidade do Ministerio de Fomento e que está totalmente abandonada” lembrou Olalla Rodil e sinalou que o BNG xa ten presentado numerosas iniciativas se solucione esta situación.

Rodil lamentou o continuo abandono que o goberno do estado fai da provincia de Lugo, e de Galiza, e asegurou que existen serias dúbidas de que o propio Ministerio sexa coñecedor do estado real no que se atopa este vial a pesares “de que xa anuciaron proxectos, orzamentos, licitacións e todo tipo de tramites menos a efectivización do arranxo da estrada”.

Unha caravana de coches do BNG percorreu o tramo Lugo - Meira para pedir o arranxo da N-640