“A IRRESPONSABILIDADE DA XUNTA SÓ DEMOSTRA NON QUEREN EXERCER AS SÚAS COMPETENCIAS EN MATERIA EDUCATIVA”, DESTACOU CARME AIRA

Carme Aira pide ao goberno da xunta “medios para unha volta á clase digna”

A deputada participou, xunto con concelleiros do BNG en Lugo, na concentración convocada polas ANPAS e sindicatos en protesta polo inicio do curso escolar

Carme Aira pide ao goberno da xunta “medios para unha volta á clase digna”

Lugo, 10 de setembro de 2020.  A deputada doBNG, Carme Aira, participou xunto cos concelleirosdo BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo e Felipe Rivas, na concentración convocada hoxe por ANPAS e sindicatos en protesta polo inicio do curso escolar. “´É inadmisíbel que o protocolo da volta ás aulas mudara unha semana antes do inicio das mesmas”, declarou Carme Aira, que criticou “a improvisación que o goberno do goberno do Partido Popular demostra á hora de exercer as súas competencias en Educación”.

 

“A volta á actividade presencial ten que pasar por aumentar o número de docentes e os medios económicos destinados á educación”, afirmou Carme Aira, e engadiu que “se antes da pandemia reducir o número de estudantes por aula era necesario, na situación actual vólvese unha medida imprescindíbel para garantir o cumprimento das medidas de distanciamento social”.

 

“A irresponsabilidade da Xunta só demostra que non quere exercer as competencias en educación que lle son propias”, afirmou Carme Aira. Para a deputada do BNG “mentres tanto, concellos como o de Lugo, co BNG dirixindo a concellería de Educación, demostraron o seu compromiso co ensino e puxeron en marcha servizos para facilitar tanto a aprendizaxe durante o confinamento como a volta ás aulas, achegando o material didáctico ás familias durante o estado de alarma ou entregando máscaras infantís aos centros públicos para axudar ás familias con menos recursos”.

Carme Aira pide ao goberno da xunta “medios para unha volta á clase digna”