A concellería de Infraestruturas adapta a instalación eléctrica do edificio do Seminario

Alexandre Penas
Alexandre Penas

Alexandre Penas: “na primeira fase executarase a obra que permitirá instalar unha liña de media tensión por Ángel López Pérez”

 

A concellería de Infraestruturas adapta a instalación eléctrica do edificio do Seminario

Lugo, 09 de novembro de 2020. A concellería de Infraestruturas Urbanas comezará nos vindeiros días cos traballos de renovación da instalación eléctrica do centro de servizos municipais do Seminario. O concelleiro responsábel, Alexandre Penas, explicou que “seguimos traballando en mellorar as distintas instalacións eléctricas públicas da cidade, entre as que incluímos o edificio do seminario, que se adaptará aos estándares actuais”.

Na primeira fase dos traballos, a concellería de Infraestruturas investirá 45.063.99€ en realizar as obras que van permitir instalar unha acometida de media tensión na rúa Ángel López Pérez, o que permitirá instalar o novo sistema de climatización do edificio, e mudarase o mecanismo da porta automática do aparcadoiro.  

Ademais, habilitaranse as canalizacións necesarias para instalar un grupo electróxeno que, segundo Alexandre Penas, “permitirá evitar cortes no subministro eléctrico do concello en caso de producirse fallos na rede eléctrica”.

A concellería de Infraestruturas adapta a instalación eléctrica do edificio do Seminario