RUBÉN ARROXO: “REDUCIRASE O TAMAÑO DA MEDIANA DA RÚA D, E AUMENTARASE A VÍA A DOUS CARRÍS POR SENTIDO, PARA PERMITIR MAIOR MANIOBRABILIDADE AOS VEHÍCULOS INDUSTRIAIS”

A Xunta de Goberno aprobará mañá a contratación dunha actuación de mellora da seguridade vial no polígono das Gándaras

A ampliación sairá a contratación por 104.559,46€ e un prazo de realización de un mes

 

A Xunta de Goberno aprobará mañá a contratación dunha actuación de mellora da seguridade vial no polígono das Gándaras

Lugo, 10 de novembro de 2020. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou que a Xunta de Goberno de mañá aprobará iniciar o procedemento de contratación da mellora da seguridade vial na rúa D do polígono das Gándaras. Arroxo afirmou que “a rúa D actualmente conta cun só carril de circulación e unha mediana de gran tamaño, o que dificulta a capacidade de maniobrar aos vehículos industriais”.

A Xunta de Goberno aprobará mañá iniciar un Procedemento Aberto Simplificado para contratar esta actuación, cun orzamento de 104.559,46€ e un prazo de realización unha vez contratada de un mes. “Os 11 metros de mediana que hai actualmente reduciranse a 5, e aumentarase cada sentido de circulación cun novo carril de 3 metros de ancho”, explicou Rubén Arroxo, que engadiu “isto permitirá mellorar a fluidez do tráfico e aumentar a maniobrabilidade dos vehículos industriais, o que producirá un aumento da seguridade vial na contorna”.

“Trátase dunha mellora importante para o polígono das gándaras, que a curto prazo atenderá unha demanda das empresas que xa están asentadas e que actualmente teñen problemas coa maniobrabilidade dos camións no momento de acceder ou saír das naves”, declarou Rubén Arroxo, que engadiu “de cara ao futuro, coa construción da segunda fase do polígono, esta vía pasará a acoller unha maior cantidade de tráfico, que contará cunha vía de tamaño suficiente como para garantir a circulación fluída”

 

A Xunta de Goberno aprobará mañá a contratación dunha actuación de mellora da seguridade vial no polígono das Gándaras