“ESTAMOS TRABALLANDO PARA ACTIVAR OS BARRIOS CON ACTUACIÓNS DEMANDADAS POLA VECIÑANZA” SINALOU ALEXANDRE PENAS

A concellería de Infraestruturas realiza varias actuacións nas gándaras

Estase a levar a cabo o asfaltado das rúas Aguia e Bubela, xunto con varias intervencións menores na contorna

 

A concellería de Infraestruturas realiza varias actuacións nas gándaras

Lugo, 07 de xullo de 2020. A Concellería de Infraestruturas Urbanas está a realizar o acondicionamento das rúas Aguia e Bubela no barrio das Gándaras. O concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, indicou que “nos vindeiros días comezarán a realizarse os traballos de asfaltado nas rúas Aguia e Bubela, unha solicitude que a veciñanza da contorna leva realizando moito tempo debido ao estado destas dúas rúas”.

O edil de Infraestruturas Urbanas informou tamén de que se están a realizar outras intervencións na contorna do barrio. Alexandre Penas informou de que “realizamos arranxos no firme das rúas Lavanco e Calzada das Gándaras, tanto na zona de aparcamento como o acondicionamento para novas marquesinas”. Penas informou tamén de que “paralelamente realizouse tamén a mellora da drenaxe da vía”.

O edil de Infraestruturas pediu á veciñanza da contorna “que circule con precaución nas rúas a asfaltar para garantir a seguridade tanto das persoas usuarias da vía como das traballadoras e traballadores”.

Segundo Alexandre Penas, “desde a concellería de Infraestruturas Urbanas traballamos para mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños dos distintos barrios de Lugo”.

 

A concellería de Infraestruturas realiza varias actuacións nas gándaras