ALEXANDRE PENAS: “TRÁTASE DUNHA ACTUACIÓN NECESARIA DEBIDO AO ESTADO DE DETERIORO DESTE ENTORNO”

A concellería de Infraestruturas Urbanas informa do inicio dos traballos de asfaltado do entorno do Auditorio Municipal

A actuación servirá tamén para aumentar o espazo dedicado ao Mercado de Frigsa

A concellería de Infraestruturas Urbanas informa do inicio dos traballos de asfaltado do entorno do Auditorio Municipal

Lugo, 26 de maio de 2020. Desde a concellería de Infraestruturas Urbanas infórmase que durante os vindeiros días realizaranse os traballos de asfaltado no entorno do Auditorio Municipal Gustavo Freire. Segundo indicou Alexandre Penas, “trátase dunha actuación necesaria e moi demandada tanto polos colectivos culturais que fan uso das instalacións como das usuarias e usuarios do parque de Frigsa”. Penas destacou a importancia desta actuación “dado o estado de deterioro no que se atopaban este entorno”.

A actuación proxectada pola concellería de Infraestruturas Urbanas inclúe o asfaltado con mestura en quente e o pintado da separación de carrís de circulación con prazas de estacionamento e prazas para persoas con mobilidade reducida. Alexandre Penas lembrou que “esta actuación servirá tamén para aumentar o espazo dedicado ao Mercado de Frigsa”.

Alexandre Penas informou tamén que dende a área de Mobilidade se están realizando nestes días actuacións nas rúas Río Sar, Avetarda e Couselo. Desde a concellería de Infraestruturas pídese á veciñanza que circule con precaución nas zonas afectadas e infórmase que segundo as necesidades da actuación se poderán establecer restricións ao tráfico.

A concellería de Infraestruturas Urbanas informa do inicio dos traballos de asfaltado do entorno do Auditorio Municipal