O CONTRATO SAIRÁ A LICITACIÓN POR UN TOTAL DE 67.696€

O Concello inicia a reordenación do tráfico da zona da Milagrosa

Unha vez estea licitado, o prazo de execución será de 2 meses

O Concello inicia a reordenación do tráfico da zona da Milagrosa

Lugo, 01 de outubro de 2019. O Tenente de Alcalde e responsábel de mobilidade, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas urbanas, Alexandre Penas, anunciaron que en breves se iniciará a licitación, por un custe de 67.696€, das actuacións para o novo Plan de Tráfico do barrio da Milagrosa. Segundo Arroxo, as actuacións terán un prazo de execución de 2 meses unha vez estea licitado, “e mellorarán a circulación do tráfico e a seguridade vial na zona”

                    

Rubén Arroxo indicou que “entre as actuacións previstas para mellorar a seguridade dos veciños e veciñas da zona está o desprazamento de varios pasos de peóns”. Ademais, “reordenaremos o tráfico para aumentar a súa fluidez”. Rubén Arroxo anunciou que as rúas Xulia Minguillón e Mallorca cambiarán de sentido “creando así unha supermazá que una a avenida da Coruña e Yañez Rebolo, permitindo o xiro en sentido horario”.

 

Na Avenida da Coruña, modificarase o acceso á praza Agro do Rolo, a través dunha nova incorporación, a cal agora está habilitada provisionalmente para os buses urbanos. Ademais, Rubén Arroxo indicou que noutras rúas mudarán o sentido da circulación.

O Concello inicia a reordenación do tráfico da zona da Milagrosa