CRISTINA LÓPEZ DESTACOU A IMPORTANCIA DA MEMORIA HISTÓRICA NUN ACTO QUE CONTOU COA INTERVENCIÓN MUSICAL DE XOSÉ LUÍS RIVAS "MINI" E CUNHA LECTURA DE POESÍA A CARGO DE CLAUDIO RODRÍGUEZ FER E CARME BLANCO

O Concello de Lugo inaugura a escultura en memoria das vítimas da Guerra Civil e da ditadura franquista cun multitudinario acto de homenaxe

Na xornada de hoxe abriuse ao público a peza do artista Álvaro de la Vega, nunha actividade que contou coa presenza de diversos colectivos relacionados coa memoria histórica

Cristina López destacou a importancia da memoria histórica nun acto que contou coa intervención musical de Xosé Luís Rivas "Mini" e cunha lectura de poesía a cargo de Claudio Rodríguez Fer e Carme Blanco

O Concello de Lugo inaugura a escultura en memoria das vítimas da Guerra Civil e da ditadura franquista cun multitudinario acto de homenaxe




Lugo, 21 de novembro de 2024. O Cemiterio Municipal acolleu na xornada de hoxe o acto de apertura ao público da escultura coa que o Goberno de Lugo, a través da Tenencia de Alcaldía homenaxea a todas as persoas represaliadas durante a Guerra Civil e a dictadura franquista.

O acto público celebrado hoxe nas instalacións do Cemiterio realizouse no día seguinte do 49º aniversario da morte do ditador Francisco Franco, abrindo así un novo ciclo de lembranza e reflexión sobre as vítimas da represión franquista e a importancia da recuperación da memoria histórica. Cristina López, concelleira responsábel do Cemiterio, afirmou que esta imaxe "non lembra só ás vítimas da represión, é un convite a toda a veciñanza a reflexionar sobre a importancia da memoria histórica, un piar básico para construír unha sociedade máis xusta e democrática."

A imaxe elaborada por Álvaro de la Vega está colocada na zona antiga do cemiterio, na parte central, ocupando un dos lugares máis destacados e visibles do Cemiterio Municipal de San Froilán. O acto contou coa participación de figuras destacadas da cultura galega, como o músico Xosé Luis Rivas "Mini", encargado de abrir o evento cunha intervención musical, e con Claudio Rodríguez Fer e Carme Blanco, que realizaron lecturas poéticas de textos relacionados coa recuperación da memoria histórica. Ademais, o autor da escultura, Álvaro de la Vega, explicou o significado e a intención da súa obra.

O Goberno de Lugo convidou ao acto a todas as asociacións, colectivos e persoas individuais vencellados coa recuperación da memoria histórica, e contouse coa presencia de representantes de diversas asociacións e de numerosas persoas a título individual. O acto rematou cun xesto simbólico onde as persoas asistentes recibirán cravos brancos, que serán depositados ao pé da escultura como mostra de respecto e recordo.

O Concello de Lugo inaugura a escultura en memoria das vítimas da Guerra Civil e da ditadura franquista cun multitudinario acto de homenaxe