A ACTIVIDADE, QUE TERÁ LUGAR O SÁBADO 30 DE NOVEMBRO, DESTINARÁ OS FONDOS RECADADOS Á SOCIEDADE PROTECTORA DE ANIMAIS E PLANTAS DE LUGO E A MICHOS DE LUGO

O Concello de Lugo promove unha andaina solidaria en apoio ás entidades animalistas

A actividade, que terá lugar o sábado 30 de novembro, destinará os fondos recadados á Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo e a Michos de Lugo

Rubén Arroxo: "Esta andaina non só apoia a protección animal, senón que tamén honra á nosa Muralla no seu 24 aniversario como Patrimonio da Humanidade"

O Concello de Lugo promove unha andaina solidaria en apoio ás entidades animalistas

 

Lugo, 06 de novembro de 2024. O Concello de Lugo organiza unha andaina solidaria destinada a apoiar a labor das entidades animalistas da cidade, e ao mesmo tempo render homenaxe aos 24 anos da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.  

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, xunto a representantes dos colectivos implicados, presentaron a iniciativa que se celebrará o sábado 30 de novembro ás 12:00 horas, con saída desde a Mosqueira e chegada na Rúa Virxe da Esperanza. O percorrido, anunciou, "inclúe algúns dos puntos máis emblemáticos da cidade, como a propia Ronda da Muralla, as rúas Bispo Aguirre e Ramón Ferreiro, Avenida de Madrid e, finalmente, a Rúa das Artes".

O Tenente Alcalde explicou que a articipación nesta andaina é de balde, "pero as persoas que o desexen poderán contribuír mediante doazóns en efectivo, que se destinarán iegramente á Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo e a Michos de Lugo, ambas referentes na protección dos animais na nosa cidade e que desenvolven un traballo fundamental para fomentar a adopción e garantir o benestar animal".

Arroxo aproveitou para facer un chamamento á cidadanía, destacando que esta andaina é unha oportunidade única para a veciñanza de Lugo de mostrar o seu apoio á causa animalista de xeito lúdico e participativo. "Queremos fomentar unha maior sensibilización cara ao coidado e respecto polos animais, e actividades como esta serven para unir á comunidade en torno a un obxectivo común," afirmou.

Ademais, o Tenente Alcalde subliñou a importancia de vincular a andaina co simbolismo da Muralla de Lugo, que o 30 de novembro celebrará 24 anos desde a súa declaración como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. "O percorrido que faremos non só serve para achegarnos a esta causa, senón tamén para reivindicar a nosa conexión cun dos símbolos máis prezados de Lugo", engadiu.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse de maneira presencial nas instalacións habilitadas no centro veterinario a partir de hoxe.

O Concello de Lugo promove unha andaina solidaria en apoio ás entidades animalistas