NA PRIMEIRA XORNADA TRABALLOUSE NA AVENIDA BENIGNO RIVERA E NA RÚA DA AGRICULTURA

Continúa o pintado da sinalización horizontal no polígono do Ceao

Rubén Arroxo: “dúas brigadas encargaranse durante os vindeiros días de realizar o pintado en todas as rúas dopolígono”

Continúa o pintado da sinalización horizontal no polígono do Ceao

Lugo, 28 de agosto de 2020. Continúan os traballos de pintado da sinalización horizontal da cidade. O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, informou que nesta noite se comezou a traballar no polígono do Ceao, na avenida Benigno Rivera e na rúa da Agricultura. “Dúas brigadas encargaranse exclusivamente de avanzar no pintado do polígono, que se realizará nos vindeiros días”, declarou Rubén Arroxo, que explicou “as outras dúas brigadas continuarán a realizar traballos no resto da cidade”.

Desde a área de Mobilidade lémbrase que se modificará o pintado das marcas viais para adaptalo ás modificacións realizadas na ordenanza de circulación. Nos pasos de peóns elimínase unha das liñas para evitar resbalóns de motos e bicicletas, ademais, os pasos regulados por semáforo pasarán a ter pintado só o contorno do mediante dúas liñas discontínuas nos seus límites.

Adaptarase tamén o pintado das prazas para persoas con mobilidade reducida, agrandándoas e reducindo a superficie a pintar para evitar resbalóns, e mellorarase a sinalización en zonas de coexistencia de tráfico e estacionamento

Continúa o pintado da sinalización horizontal no polígono do Ceao