DURANTE OS ÚLTIMOS MESES, O BUS ADICADO Á LIÑA 12 REFORZOU Á LIÑA 9 DEBIDO AO AUMENTO DE VIAXES CARA O POLÍGONO DO CEAO

A liña 12 recupera o seu percorrido habitual co inicio do curso universitario

Rubén Arroxo: “a partir do 1 de setembro retomamos a normalidade para facilitar as conexións co campus de cara ao inicio do curso”

A liña 12 recupera o seu percorrido habitual co inicio do curso universitario

Lugo, 27 de agosto de 2020. O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, informou que, co inicio docurso universitario e a necesidade de comunicar de novo o campus co resto da cidade, a liña 12 volverá realizar o seu percorrido habitual. “Este bus dedicouse desde o mes de abril, durante a crise sanitaria, a reforzar a conexión entre a cidade e o polígono do ceao, debido á redución de cabida nos buses e ao aumento de demanda desta conexión”, lembrou Rubén Arroxo.

“En previsión do inicio do curso universitario, vólvese necesario retomar a conexión entre a cidade e o campus”, afirmou Rubén Arroxo, que engadiu “a liña 12 volverá unirse ás liñas 1, 1A e 7 para realizar esta conexión moi utilizada tanto polo persoal como polas estudantes da universidade”.

O Tenente de Alcalde animou a todas as persoas que veñan estudar a Lugo “a facer a tarxeta cidadá para reducir o contacto entre o persoal e as usuarias dotransporte público e reducir riscos ante os posibles rebrotes”.  Ademais, Arroxo lembrou que “o prezo do billete redúcese de 0,64€ a 0,45€, ou 0,19€ no caso dos transbordos”. “Estes prezos poden reducirse aínda máis no caso de ter dereito a algunha bonificación, como no caso das estudantes, que pagan só 0,31€ por billete”, declarou Rubén Arroxo.

Para obter a tarxeta cidadá, deberá cubrirse o formulario 101 na web doConcello e pagar a taxa de 3,09€ nunha oficina de Abanca. Despois, solicitando cita previa no 010 poderá retirarse a tarxeta nas oficinas doConcello. A recarga do moedeiro será, como mínimo de 5€, cun máximo de 60€.

A liña 12 recupera o seu percorrido habitual co inicio do curso universitario