ALEXANDRE PENAS DESTACOU QUE ESTE TIPO DE ACTUACIÓNS EN BARRIOS E ZONAS PERIURBANAS PERMITEN GARANTIR "O BENESTAR DE TODAS AS VECIÑAS E VECIÑOS DE LUGO
Continúa a renovación do firme das rúas Celso Emilio Ferreiro, Tino Prados e Xosé Crecente Vega

Alexandre Penas destacou que este tipo de actuacións en barrios e zonas periurbanas permiten garantir "o benestar de todas as veciñas e veciños de Lugo
A Tenencia de Alcaldía inviste 72.596,37€ nesta actuación
Lugo, 19 de febreiro de 2025. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou os traballos de renovación do firme que se executarán nas rúas Celso Emilio Ferreiro, Tino Prados e Xosé Crecente Vega. Penas destacou o traballo da Tenencia de Alcaldía na mellora dos barrios e das zonas periurbanas da cidade, e afirmou que "este tipo de actuacións garanten o benestar das veciñas e veciños de toda a cidade". O Goberno de Lugo actúa para "renovar vías co pavimento deteriorado e garantir a boa calidade e a boa imaxe da rede de vías urbanas municipal".
O Goberno de Lugo actuará reconstruíndo o paquete de firme en todo o seu espesor, para evitar que os defectos da capa base podan chegar a afectar á capa de rodadura. Instalarase unha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará un selado do firme ante a acción da auga superficial e asegurará unha prolongada duración da actuación.
Unha vez pavimentadas as vías, adaptaranse os rexistros previamente existentes á nova cota da superficie e instalarase unha nova base para contedores. Finalmente, renovarase a sinalización vertical e horizontal. A Tenencia de Alcaldía inviste 72.596,37€ nesta actuación, que conta cun prazo de execución de 10 semanas.