A HOMENAXE Á CHEGADA DE CASTELAO A LUGO O 19 DE XUÑO DE 1932 PODE VERSE NA EXPOSICIÓN SOBRE A FEIRA DE NADELA ORGANIZADA POLO ARQUIVO MUNICIPAL

A Tenencia de Alcaldía realizará unha homenaxe a Castelao en Nadela, lembrando a súa chegada a Lugo no ano 1932


A homenaxe á chegada de Castelao a Lugo o 19 de xuño de 1932 pode verse na exposición sobre a Feira de Nadela organizada polo Arquivo Municipal

Arroxo: "Realizaremos un acto de lembranza dentro das actividades do ciclo Castelao en Lugo co que celebraremos o ano Castelao 2025"

A Tenencia de Alcaldía realizará unha homenaxe a Castelao en Nadela, lembrando a súa chegada a Lugo no ano 1932



Lugo, 20 de febreiro de 2025. O Goberno de Lugo realizará unha homenaxe a Castelao en Nadela, lugar da súa chegada á cidade en 1932, cando foi homenaxeado na cidade polas Irmandades da Fala. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, afirmou que "ao longo do ano contaremos cunha importante axenda de actividades que se enmarcarán no ciclo Castelao en Lugo, celebrando o Ano Castelao 2025", e engadiu "a lembranza da súa chegada en 1932 será unha das primeiras actividades deste ciclo".

O Tenente Alcalde anunciou que o Goberno de Lugo colocará unha placa conmemorativa no lugar onde se tomou a fotografía deste evento o 19 de xuño de 1932. A imaxe poderá verse na exposición sobre a historia da Feira de Nadela elaborada pola área de Participación en colaboración coas veciñas e veciños, e que se poderá visitar na carpa da feira o vindeiro sábado 22.

Na imaxe, ademáis de Castelao, aparecen, entre outros, Manuel Lugrís, Ramón Vilar Ponte, Francisco Fernández del Riego, Antón Vilar Ponte, Plácido Castro, Otero Pedrayo, Rodríguez Somoza, Manuel Beiras, Ramón Suárez Picallo, Carlos Maside e Alexandre Bóveda.

Rubén Arroxo afirmou que esta imaxe é "un anaco da historia de Lugo e de Galiza" e destacou que "desde a Tenencia de Alcaldía daremos a difusión que merece, especialmente importante por ser o 2025 Ano Castelao".

 

A Tenencia de Alcaldía realizará unha homenaxe a Castelao en Nadela, lembrando a súa chegada a Lugo no ano 1932