ESTE SÁBADO AMBAS INSTALACIÓNS ABRIRÁN NO SEU HORARIO HABITUAL, E CONTINUARÁ A CAMPAÑA O NOS MERCADO É UN AGASALLO
Cristina López anuncia os horarios especiais de apertura da Praza de Abastos e do Mercado Municipal no Nadal
Este sábado ambas instalacións abrirán mañá e tarde, e continuará a campaña O nos Mercado é un Agasallo
Todas as persoas que realicen unha compra de máis de 40 euros na Praza de Abastos e Mercado durante os días de promoción recibirán agasallos promocionais
O domingo pola algúns locais permanecerán abertos para compras de última hora e recollida de pedidos
Lugo, 21 de decembro de 2023. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou os horarios de apertura da Praza de Abastos e do Mercado Municipal nesta fin de semana. Cristina López explicou que o sábado, 23 de decembro, ambas instalacións abrirán mañá e tarde, mentres que na mañá do domingo 24, os postos que o desexen poderán abrir para facilitar as compras de última hora e a recollida de encargas. "Durante o sábado, seguiremos coa campaña O noso mercado é un agasallo, coa que todas as compras de máis de 40 euros recibirán como agasallo un exemplar de poinsettia para decorar as súas casas durante o Nadal", explicou Cristina López.
A área de Participación habilitará un posto durante os días de promoción no horario de apertura da Praza para que todas as persoas poidan achegarse cos tiques dos distintos postos da Praza e do Mercado e canxealos polos agasallos que se entreguen ese día, entre os que destacan varios deseños de bolsas reutilizábeis serigrafiadas cos cadros gañadores do certame de Pintura Rápida ou material promocional da Praza e do Mercado.
Este ano, só na primeira mañá de promoción, rexistráronse 146 compras de máis de 40 euros, facturando os distintos postos da Praza e do Mercado un total de 6000 euros. Cristina López calificou como "un éxito" a campaña, e afirmou que "seguiremos a promocionar dúas instalacións históricas como son a Praza e o Mercado".