A ÁREA DE PARTICIPACIÓN PROXECTOU, NESTE ACTO, UNHA VISIÓN ACTUAL SOBRE A IMPORTANCIA DO CEMITERIO DE SAN FROILÁN

Cristina López entrega os premios do IX concurso de fotografía "Estampas de Paz e Acougo"

A área de Participación proxectou, neste acto, unha visión actual sobre a importancia do Cemiterio de San Froilán

Cristina López entrega os premios do IX concurso de fotografía "Estampas de Paz e Acougo"
Lugo, 19 de marzo de 2024. A  edil Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, entregou hoxe os premios do IX concurso de fotografía "Estampas de Paz e Acougo". A área de Participación ten como obxectivo deste certame achegar á veciñanza ao cemiterio e integrar esta instalación municipal na vida social e cultural da cidade, poñendo en valor non só o patrimonio histórico e artístico que alberga senón tamén a  importante carga emocional contida en cada unha das esculturas e construcións funerarias.

O concurso estivo baseado, entre outras temáticas, na simboloxía oculta que se reflicte nas construcións funerarias dos cemiterios. O xurado valorou a calidade técnica e artística das obras, dándoselle unha especial relevancia á captación da sensación de paz e harmonía coa que se impregnan os recintos dos cemiterios. O xurado estivo formado polo fotógrafo Eduardo Ochoa, Amparo Rubinos, Xefa do Servizo do Cemiterio Municipal e Chelo Rodríguez, do Servizo do Cultura do Concello de Lugo.


"Gardiáns da Calma", de Iago Manoel Souto Lorenzo, foi a imaxe gañadora dos 600€ do primeiro premio. O segundo premio, cun valor de 400€, foi para Jesús Burgo Tomás, coa imaxe "Rougade a Deus". Na terceira posición rematou a imaxe sen título de Aída Martín Vázquez, que levou un premio de 200€. Cristina López agradeceu a todas as persoas que presentaron imaxes a súa participación no concurso.
Cristina López entrega os premios do IX concurso de fotografía "Estampas de Paz e Acougo"