A ÁREA DE PARTICIPACIÓN CONTINÚA EN CONTACTO COS FABRICANTES PARA OBTER MÁSCARAS PARA TODAS AS NENAS E NENOS DE LUGO
Cristina López: “As nenas e nenos de Lugo irán recibindo as mascaras nas súas casas”
A edil Cristina López respondeulle ao representante do partido popular que “o Concello está a cubrir as carencias da Xunta de Galiza” ao mesmo tempo que lle agradeceu ao edil do PP " que comparta con goberno municipal a preocupación polas nenas e nenos de Lugo"
Lugo, 27 de abril de 2020. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza respondeu ás acusacións do Partido Popular indicando que “desde o goberno municipal estamos contactando cos provedores para garantir que as nenas e nenos de Lugo teñan máscaras no menor prazo de tempo posíbel”. Cristina López pediu ás concelleiras e concelleiros do PP “que se sumen á protección dos nenos e nenas e deixen de inventar polémicas” xa que "no Partido Popular teñen contacto directo cos responsables do goberno da Xunta e poderían sumarse a este iniciativa en vez de criticala".
A edil de Participación afirmou que “en breve comezarán a chegar as máscaras adquiridas polo concello, non como as da Xunta de Galiza” que "nin están, nin se esperan". A área de Participación continúa en contacto cos fabricantes para obter máscaras que se entregarán progresivamente a todas as nenas e nenos censados en Lugo.
“O Concello está a cubrir as carencias da Xunta de Galiza” afirmou cristina López, e explicou que “a concellería de educación está a dotar de material didáctico ás nenas e nenos para que poidan manter certa normalidade educativa, mentres que a consellería de educación nin está nin se lle espera”