CON 188.699 VIAXEIROS, FEBREIRO DE 2025 CONVÉRTESE NO MELLOR MES DE FEBREIRO DO REXISTRO SUPERANDO EN 8.627 AO ANO 2024, SEGUNDA MELLOR MARCA

Febreiro de 2025 pecha como o mellor mes de febreiro nos rexistros históricos do bus urbano

Rubén Arroxo destacou que a área de Mobilidade seguirá "animando á veciñanza a utilizar o bus urbano nos seus desprazamentos"

Con 188.699 viaxeiros, Febreiro de 2025 convértese no mellor mes de febreiro do rexistro superando en 8.627 ao ano 2024, segunda mellor marca

Febreiro de 2025 pecha como o mellor mes de febreiro nos rexistros históricos do bus urbano





Lugo, 05 de marzo de 2025. Rubén Arroxo, Alcalde en Funcións e responsábel da área de Mobilidade, presentou os datos de usuarios no Bus Urbano no mes de febreiro de 2025, uns datos que superan novamente a mellor marca rexistrada desde que o Concello de Lugo garda rexistro de usuarios. Febreiro de 2025 pechou cun total de 188.699 billetes expedidos, superando en 8.627 billetes a marca do ano 2024.

A área de mobilidade continúa a traballar na promoción do bus urbano entre a veciñanza como "un transporte económico que facilita as viaxes, ao non ter que preocuparse de buscar espazo para aparcar". Ademais, o bus urbano de Lugo é o máis barato de Galiza e o terceiro máis barato do estado, cun prezo de 0,64€ o billete ordinario (0,45€ usando a tarxeta cidadá), e 0,31€  no caso do transporte bonificado para as persoas con mobilidade reducida,  pensionistas, desempregadas ou estudantes. Ademais, todas as persoas que utilizan a Tarxeta Cidadá gozan de transbordos gratuítos para os seus desprazamentos.

Para obter a tarxeta cidadá, deberá cubrirse o formulario que se pode atopar na web do Concello, ou recollelo nas oficinas municipais do seminario, e pagar a taxa de 3,09€ nunha oficina de Abanca. Despois, deberá pedirse cita no 010 para retirar a tarxeta nas oficinas do Concello. A recarga do moedeiro será, como mínimo de 5€, cun máximo de 60€.

Febreiro de 2025 pecha como o mellor mes de febreiro nos rexistros históricos do bus urbano