AS DEPUTADAS MONTSE VALCÁRCEL E ARIADNA FERNÁNDEZ RECIBIRON, AO IGUAL QUE TODOS OS MEMBROS DE RURAL DO BNG, Á DELEGACIÓN DAS E DOS GANDEIROS LUCENSES

Gandeiras e gandeiros de Lugo acoden ao Parlamento onde se debateu unha proposición do BNG para reclamar á Xunta medidas urxentes ante a incidencia da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica

As deputadas Montse Valcárcel e Ariadna Fernández recibiron, ao igual que todos os membros de rural do BNG, á delegación das e dos gandeiros lucenses

Valcárcel: "A Xunta ten que adoptar medidas urxentes e rematar coa situación de abandono á que están a condenar ás gandeiras e gandeiros"

Gandeiras e gandeiros de Lugo acoden ao Parlamento onde se debateu unha proposición do BNG para reclamar á Xunta medidas urxentes ante a incidencia da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica




Lugo, 12 de setembro de 2024. As deputadas por Lugo no Parlamento Galego, Montse Valcárcel e Olaia Rodil, recibiron a un grupo de gandeiros e gandeiras procedentes da comarca dos Ancares que acudiron ao debate sobre a proposta do BNG que reclama unha maior protección e medidas urxentes ante a elevada incidencia da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica. A deputada e veterinaria Ariadna Fernández, defendeu a proposta onde reclama que a Xunta, gobernada polo PP, adopte medidas urxentes e que "asuma as súas competencias nunha situación de extremo abandono e invisibilización do sector ante unha enfermidade que lle supón ás explotacións uns custes moi elevados por animal afectado para facerlle fronte á gravísima crise sanitaria que están sufrindo".

O sector gandeiro galego atópase nunha "situación de desleixo" ante a falta de información e de axudas, mentres a Consellería do Medio Rural está "ausente", explicou Montse Valcárcel, que lembrou que o BNG "xa advertiu de que esta situación se podía producir coa chegada do verán, agora é o momento de tomar medidas e deixar de buscar excusas".

As indemnizacións por valor de 196.000 euros para paliar a morte dos animais afectados pola doenza "non chegan aos 500 euros por animal se calculamos que con ese diñeiro se indemnizaron 409 mortes na pasada tempada" advirtiu Valcárcel, que criticou que son "excesivamente baixas para o número de casos totais da enfermidade, o que produce que sexan os propios gandeiros e ganderias os que teñan que custear os gastos por cada animal, tanto de tratamentos e servizos veterinarios, coma da propia vacinación, que non lle corresponde pagar nunha enfermidade de declaración obligatoria".

O BNG reclámalle ao Goberno de Galiza fixar unha partida orzamentaria destinada a indemnizar os casos de EHE, "tanto os que rematen coa morte do animal coma os tratamentos destinados a paliar os síntomas da enfermidade e os servizos veterinarios derivados desta, que poden superar os 400 euros", explicou Montse Valcárcel, que engadiu "é preciso tamén subvencionar a vacinación voluntaria contra o virus da EHE, para todos aqueles gandeiros que soliciten as doses de xeito voluntario, favorecendo así a inmunización da cabana gandeira galega para evitar problemas futuros".

Gandeiras e gandeiros de Lugo acoden ao Parlamento onde se debateu unha proposición do BNG para reclamar á Xunta medidas urxentes ante a incidencia da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica