MAITE FERREIRO VISITOU O CEIP DE NADELA, ONDE OS ALUMNOS DE 6º DE INFANTIL E 1º E 2º DE PRIMARIA PARTICIPARON NUNHA XORNADA LÚDICA SOBRE O XADREZ

O Goberno de Lugo continúa coas actividades de promoción do xadrez

En colaboración coa Asociación cultural Xaquedrum organízanse distintas actividades que promocionarán o xadrez nas rúas e nos centros de ensino

Maite Ferreiro visitou o CEIP de Nadela, onde os alumnos de 6º de infantil e 1º e 2º de primaria participaron nunha xornada lúdica sobre o xadrez

O Goberno de Lugo continúa coas actividades de promoción do xadrez




Lugo, 18 de novembro de 2024. A Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento e a asociación cultural Xaquedrum continúan co ciclo de promoción do xadrez nas aulas. A edil Maite Ferreiro visitou o CEIP de Nadela, onde as e os estudantes de 6º de infantil e 1º e 2º de primaria puideron desfrutar na xornada de hoxe dunha serie de acrtividades relacionadas co xadrez. A concelleira, Maite Ferreiro destacou que estas actividades permiten "espertar a curiosidade e o interese polo xadrez, achegando ás familias as vantaxes que a súa práctica representa sobre a dimensión educativa".

A programación do ciclo pretende achegar o xadrez ás e aos escolares lucenses. O programa lévase a cabo no horario lectivo e vai dirixido especialmente aos alumnos de primaria. Todos os centros públicos da cidade están participando nas actividades, o que fai que máis de 1.000 nenas e nenos estén a aprender xadrez no seu centro de ensino.

A metodoloxía dos cursos é participativa e onde o alumno  vai  aprendendo  xogando e vendo os resultados dá  súa  aprendizaxe.  As sesións comezan cunha breve explicación e as e os estudantes, posteriormente poñen en práctica os coñecementos achegados xogando diferentes  posicións  cos  seus  compañeiros.

Maite Ferreiro destacou "o grande interese que está a achegar o xadrez na poboación", e engadiu "a práctica do xadrez supón un magnífico instrumento para adquirir unha maior axilidade mental e unha serie de habilidades sociais tales como a capacidade de concentración e de síntese, ademais de mellorar a memoria, o cálculo, a toma de decisións ou a creatividade".

O Goberno de Lugo continúa coas actividades de promoción do xadrez