A Corporación Municipal de Lugo recoñece a figura de Castelao como primeiro presidente galego.
Tras o acordo unánime no parlamento galegono que Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi recoñecido como "presidente do Consello da Galiza", dentro do marco da celebración do 80 aniversario do propio Consello da Galiza. Unha proclamación e un recoñecemento que chegan a raíz do Manifesto para que Castelao, pola súa condición de presidente do Consello, sexa proclamado como primeiro presidente da Galiza.
A iniciativa partiu do Partido Galeguista (PG) co aval e apoio de varias entidades e asociacións da emigración e do exilio, como a Federación de Entidades Galegas de Arxentina, o Centro Galicia de Bos Aires ou o Centro Betanzos, entre outros; así como a Fundación Rosalía de Castro. Esta petición foi trasladada aos grupos parlamentarios (PP, BNG, PSdeG e Mixto), que deron o seu visto e prace á mesma.