RUBÉN ARROXO EXPLICOU QUE “DENDE OUTUBRO DE 2016 QUEDOU PARALIZADO O PROCEDEMENTO E AGORA O GOBERNO ESCUSASE EN QUE NON DISPÓN DE ORZAMENTO”
“O goberno ten parado dende outubro a licitación da EDAR e da ETAP por discrepancias internas”
Segundo Rubén Arroxo “o PSOE descata a xestión directa e todo apunta a que o goberno pretende a privatización do ciclo da auga”
Arroxo sinalou que “a día de hoxe, dende os grupos da oposición, non temos información a cerca de cales son os plans do goberno municipal a respecto da continuación deste servizo”. A única información fora facilitada polo goberno municipal hai máis de ano e medio nunha comisión cando aínda era responsable do ciclo da Auga o ex-concelleiro Grandio. O BNG-AA interesouse por saber que prazos manexa para dar solución aos contratos caducados e se o goberno valorou a posibilidade dunha xestión directa.
“Dende o goberno afirmouse, na Comisión de hoxe, que o prego técnico está listo dende o 17 de outubro de 2016” informou Arroxo e sinalou “tamén se nos dixo que as discrepancias en pola definición da puntuación nas bases do prego de contratación xeraron discrepancias que impediron que a licitación saíse adiante”. Outro dos aspectos que, segundo o goberno, freou a licitación foi definir o convenio polo que se rexería o contrato dos traballadores das empresas que serían subrogados á nova adxudicativa e que, finalmente, quedarán baixo o convenio da empresa anterior.
O PSOE descarta a xestión directa
O BNG-AA tamén preguntou na Comisión se o goberno valora a xestión directa do ciclo da auga, pero dende o goberno municipal descartouse esta posibilidade. Rubén Arroxo lamentou que o goberno non valore esta posibilidade “dada a tendencia que todos os grupos manifestamos a través de diversos acordos plenarios a que o concello recupere a xestión de servizos, máxime dada a importancia dun tema como a xestión do ciclo da auga”. A pesares de que o goberno escúdase na complexidade técnica, o BNG-AA entende que hai determinadas cuestións que efectivamente poden ter que depender de técnicos externos pero o funcionamento diario podería ser asumida por persoal municipal. Para Rubén Arroxo “é unha magoa que agora que se poida recuperar como público o servizo do ciclo da auga , perdemos esta oporturnidade e o concello vai entregar o ciclo da auga a unha empresa privada”.