“NA ACTUAL SITUACIÓN AS MULLERES TEÑEN QUE ENTRAR POLA NOITE EN APARCADOIROS SOTERRADOS, SEN VIXIANCIA, DUNHA CIDADE NA QUE HAI CASOS DE AGRESIÓNS SEXUAIS SEN RESOLVER” DE MAITE FERREIRO
“O goberno terá que traballar para adaptar as prazas dos aparcadoiros á realidade actual” dixo Maite Ferreiro
A edil do BNG-AA pediu na comisión que se aclare se a empresa adxudicataria eliminou postos de traballo dende que obtivo a concesión municipal e que repercusións legais pode ter
Ferreiro dixo que “no Decreto 29/2010 da Xunta de Galiza, no que se aproban as normas de habitabilidade de Galiza, estipúlanse unhas medidas mínimas para as prazas de estacionamento de vehículos de 4,70 m de longo x 2,40 metros de ancho”. Maite Ferreiro lembrou que “xa en 1978 o plan de ordenación do concello de Madrid contemplaba unhas medidas mínimas de 2,20 de ancho para as prazas de estacionamento, mentres que as prazas dos aparcadoiros de Lugo as prazas non chegan aos 2 metros de ancho”. Para o BNG – AA compre revisar o contrato para ver as circunstancias que mudaron dende o momento da sinatura deste, xa que a superficie das prazas de aparcamento,neste momento, incumpren a normativa
Ademais a edil do BNG-AA pediu na comisión que se aclare se a empresa adxudicataria eliminou postos de traballo dende que obtivo a concesión municipal e que repercusións legais pode ter “o feito de que os aparcadoiros da pza. do Ferrol e da pza. da Constitución se pechen pola noite, suponlle á empresa unha diminución nas cargas laborais e salariais que incrementa os seus beneficios repercutindo negativamente no servizo que se presta”. “Hai que estudar as condicións nas que foi asinado o contrato por que a empresa eliminou traballadores que cubrían os turnos de noite” dixo Maite Ferreiro dado que “o goberno municipal deberá de defender que as empresas adxudicatarios cumpran cos dereitos laborais dos traballadores e traballadoras empregados nestas adxudicatarias”.
Maite Ferreiro referiuse tamén á sensación de perigo para persoas que acoden solas a buscar o coche pola noite e teñen que meterse nun aparcadoiro soterrado non que non hai ninguén. “Na actual situación as mulleres teñen que entrar pola noite en aparcadoiros soterrados, sen vixiancia, dunha cidade na que hai casos de agresións sexuais sen resolver” de Maite Ferreiro. O BNG – AA reclama que toda a información sobre o acceso aos parkings sexa perfectamente visible e rapidamente visible para unha persoa que a altas horas da noite”.