O VOCEIRO DO BNG-AA REFERIUSE AO AUDIO DO SEMÁFORO DE MARTIRES DE CARRAL QUE “AÍNDA NOMEA AO COMANDANTE MANSO E DE ESCUDOS FRANQUISTAS EN EDIFICIOS OFICIAIS”
“Grazas ao BNG avanzouse na limpeza da simboloxía franquista pero aínda quedan cousas” dixo Rubén Arroxo
“Algúns símbolos da ditadura xa quedaron en almacéns municipais e outros deben ser retirados para cumprir coa lei de memoria histórica” informou Arroxo
Lugo, 14 de febreiro 2017. O voceiro do BNG-AA anunciou hoxe que a formación que representa seguirá traballando para que se retiren das rúas e dos edificios da cidade os símbolos que aínda quedan da ditadura e que incumpren a lei de memoria histórica a pesares de estar, case todos, situados en edificios oficiais. O voceiro do BNG-AA referiuse ao audio do semáforo de Mártires de Carral que “aínda nomea ao Comandante Manso e de escudos franquistas en edificios oficiais”.
“Algúns símbolos da ditadura xa quedaron en almacéns municipais e outros deben ser retirados para cumprir coa lei de memoria histórica” informou Arroxo e lembrou que “grazas ao BNG avanzouse na limpeza da simboloxía franquista pero aínda quedan cousas”. A eliminación dos escudos que aínda quedan no exterior de varios edificios como o colexo de As Mercedes, o IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes, o edificio de Sanidade na rúa María Balteira son algúns dos exemplos que puxo Rubén Arroxo.
O voceiro do BNG – Asembleas Abertas lembrou que en Lugo, e outras cidades, aínda quedan moitos edificios que teñen pequenas placas nas súas fachadas que teñen os símbolos da falanxe e pediu que o concello estableza un procedemento de retirada das placas con simboloxía franquista para aquelas comunidades de veciños sen que lles supoña ningún tipo de custo. “É un xeito de avanzar na imaxe democrática do noso concello e de facer xustiza con todas as persoas que foron represaliadas” afirmou Rubén Arroxo. O concello deberá artellar un mecanismo para que o concello asuma os gastos de retirada das placas nas comunidades de propietarios que o desexen eliminar estes símbolos.