O PROPIO REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE CULTURA DÍ QUE SE REUNIRÁ, COMO MÍNIMO, CADA DOUS MESES

O BNG-AA pedirá que se convoque a xuntanza do Consello Municipal de Cultura que non se reuniu dende setembro

IMG_0850

Ferreiro dixo que “propoñemos que se analice na vindeira reunión canto e como se invirte en cultura neste concello, ademais de que se fagan propostas para o nome do auditorio”

O BNG-AA pedirá que se convoque a xuntanza do Consello Municipal de Cultura que non se reuniu dende setembro

Lugo, 13 de febreiro 2017. A edil Maite Ferreiro informou hoxe que dende o BNG-AA, se solicitará que se convoque unha xuntanza do Consello Municipal de Cultura. Ferreiro sinalu que “o propio regulamento do consello municipal de cultura recolle que se reunirá cada dous meses” e lembrou que “a última xuntanza destes consello municipal de cultura celebrouse o pasado 30 de setembro, é dicir fai máis de 4 meses”. Para a edil nacionalista “é unha mostra máis da falta de xestión cultural neste concello e do desprezo que se ten, dende o goberno, pola opinión das persoas e colectivos que traballan no eido cultural”.

Ferreiro dixo que “propoñemos que se analice na vindeira reunión canto e como se invirte en cultura neste concello, ademais de que se fagan propostas para o nome do auditorio”. Na súa solicitude de xuntanza o BNG-AA propón que se inclúa na orde do día un punto relativo á convocatoria de subvencións para o tecido cultural dende o concello. Maite Ferreiro sinalou que no ano 2016 no se fixo convocatoria de axudas para cultura e “non queremos que esto volte a suceder no ano 2017 por iso imos pedir que se adiante a convocatoria e que se efectivice canto antes”.

Outro dos puntos a tratar, segundo a proposta do BNG-AA, sería para que se de conta de como se executaron os orzamentos da área de cultura no ano 2016. Para o BNG-AA “o goberno debe actuar con transparencia e comunicar no Consello Municipal de Cultura como se gastaron os cartos destinados á cultura neste concello e canto quedou sen gastar pola falta de xestión do goberno”. Tamén se propón, dende o BNG-AA que se abra á participación dos colectivos culturais a posibilidade de presentar iniciativas para incluír nos orzamentos da área de cultura.

Nome do novo auditorio

Maite Ferreiro sinalou que “queremos que sexa o Consello Municipal de Cultura quen adopte a decisión por que é o órgano onde estamos representadas as forzas políticas e as entidades e persoas que traballan pola cultura nesta cidade” dixo Maite Ferreiro sobre as propostas de nome para o novo auditorio de Lugo. Ferreiro lembrou que o BNG presentará como proposta o nome de Rosalía de Castro xa que “entendemos que se trata dunha muller incuestionábel que merece ter un espazo cultural adicado á súa figura nesta cidade” e “con esta proposta atendemos o acordado no Foro de Igualdade do Concello de Lugo onde se decidiu pedir que o novo auditorio leve o nome dunha muller”.

O BNG-AA pedirá que se convoque a xuntanza do Consello Municipal de Cultura que non se reuniu dende setembro