O ACTO, ORGANIZADO POLO BNG, TIVO LUGAR NA GALERÍA SARGADELOS DE LUGO SE SERVIU PARA CLARIFICAR E ANALIZAR AS CAUSAS E FORMAS DO ESPOLIO ECONÓMICO DE GALIZA

Xosé Díaz presentou o seu libro As Contas que nos Contan compañado da parlamentaria Olalla Rodil

IMG_2288

“Máis de 5.000 empresas que operan en Galiza tributan en Madrid” afirmou o autor

Xosé Díaz presentou o seu libro As Contas que nos Contan compañado da parlamentaria Olalla Rodil

Lugo, 14 de febreiro de 2017. O BNG organizou un acto no que se presentou, na Galería Sargadelos, o libro “As contas que nos contan”, volume editado por “Sermos Galiza”, no que se analizan as causas e as formas do espolio económico de Galiza. O acto foi presentado por Olalla Rodil, parlamentaria do BNG, e interviron Xoán Costa, Conselleiro Delegado de Sermos Galiza, e Xosé Díaz Díaz, autor do libro. O BNG con este acto informou sobre determinados aspectos da realidade económica de Galiza e de xeito moi particular sobre elementos de análise que rachen co tópico de que o noso país é unha realidade subsidiada ou necesitada da esmola externa para garantir as necesidades básicas aos seus cidadáns.

Así, entre outras cuestións, achegaronse datos que aclaran como Galiza sae especialmente prexudicada co actual modelo de financiamento. Datos que explican como o aforro dos galegos e galegas é drenado polas entidades de crédito e outros que demostran as consecuencias negativas que ten para a nosa economía o feito de que máis de 5.000 empresas que operan en Galiza teñen a súa sede fiscal en Madrid ou como as galegos e galegas achegamos en concepto de impostos ao estado máis do que nos correspondería pola nosa poboación ou PIB.

O autor do libro “As contas que nos contan” é o economista ferrolán Xosé Díaz Díaz, quen nos últimos 20 anos se ten dedicado a botar luz sobre dalgúns dos aspectos que vimos de referir. Este autor foi quen de poñer en evidencia a falsidade de boa parte das balanzas fiscais así como a natureza e a mecánica dun modelo de financiamento claramente lesivo para os intereses do pobo galego. Asemade Xosé Díaz é autor de diversos estudos nos que analiza o impacto económico que provoca no País a existencia de máis de 5.000 empresas que operan en Galiza pero que tributan en Madrid.

Xosé Díaz presentou o seu libro As Contas que nos Contan compañado da parlamentaria Olalla Rodil