O BNG PRESENTOU O CARTAZ DE CAMPAÑA NUN ACTO QUE CONTOU COA PRESENCIA DE SIMPATIZANTES E MILITANTES DE TODA A COMARCA

"Imos a por todas para volver poñer a Lugo no mapa tras 15 anos de esquecemento por parte do PP", afirmou Olalla Rodil

O BNG presentou o cartaz de campaña nun acto que contou coa presencia de simpatizantes e militantes de toda a comarca

Rodil: "O 18 de febreiro Ana Pontón será a primeira presidenta da Xunta de Galiza, desde o BNG estamos preparadas para asumir a responsabilidade de mellorar a vida das galegas e galegos"

"Imos a por todas para volver poñer a Lugo no mapa tras 15 anos de esquecemento por parte do PP", afirmou Olalla Rodil

 

Lugo, 01 de febreiro 2024. O BNG presentou o cartaz co que pedirá o voto durante a campaña electoral de cara ao 18 de febreiro. Nun acto con militantes e simpatizantes, Olalla Rodil afirmou que "nesta campaña faremos chegar a todas as galegas e galegos o modelo do BNG, un modelo que pensado para mellorar a vida das nosas veciñas e veciños, e que a partir do 18 de febreiro aplicaremos desde a Xunta de Galiza". O acto contou coas intervencións do portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e dos números 2 e 3 da candidatura, Daniel Castro e Montse Valcárcel.


"Desde o BNG imos poñer de novo a Lugo no mapa da Xunta de Galiza, despois de 15 anos de abandono e esquecemento por parte do goberno do Partido Popular", afirmou Olalla Rodil, que engadiu "precisamos recuperar os servizos públicos nos que o goberno do PP recortou nestes 15 anos, especialmente nas zonas rurais, facendo que o rural sexa un un lugar onde asentarse e aproveitar así o seu gran potencial como motor do desenvolvemento económico de Galiza". "Neste campaña queremos facer historia convertendo a Ana Pontón na primeira muller presidenta da Xunta de Galiza o vindeiro 18 de febreiro", declarou a candidata do BNG.

Rodil animou ás militantes e simpatizantes do BNG presentes no acto "a facer chegar a mensaxe, o cambio na Xunta de Galiza é posible co BNG, e co traballo de todas e todos, este 18 de febreiro será unha realidade". A cabeza de lista do BNG por Lugo afirmou que "durante os próximos días percorreremos os distintos concellos de Lugo para facer chegar as nosas propostas a todas as veciñas e veciños, propostas realistas que rematen con 15 anos de recortes por parte do PP".

A sanidade será un dos eixos da campaña do BNG, "é un dos servizos públicos que máis sufriron estes 15 anos, e un dos máis importantes para garantir a boa calidade de vida das veciñas e veciños", dixo Rodil. Desde 2009, Galiza acumula un recorte orzamentario de 2.193 millóns de euros en Atención Primaria e 375.000 persoas están actualmente esperando por unha operación, por unha proba diagnóstica ou por unha consulta cun especialista. Rodil anunciou que o BNG poñerá en marcha un plan de Mellora da Atención Primaria, incrementando o orzamento adicado á sanidade pública ata chegar ao 25% do destinado a sanidade ao final da lexislatura. O obxectivo do BNG é "reforzar o Servizo Galego de Saúde e convertelo nun instrumento de superación de desigualdade e nun motor da economía galega, ligándoo ao coñecemento e á tecnoloxía e creando emprego de calidade", afirmou Olalla Rodil.

"Imos a por todas para volver poñer a Lugo no mapa tras 15 anos de esquecemento por parte do PP", afirmou Olalla Rodil