RODIL ANUNCIOU UN PLAN DE PROTECCIÓN E RECUPERACIÓN DO CABALO GALEGO DE MONTE "ATENDENDO AO SEU IMPORTANTE PAPEL NA PRESERVACIÓN DE HÁBITATS DE INTERESE PRIORITARIO"
"A partir do 18 de febreiro o Goberno da Xunta co BNG e Ana Pontón de presidenta apoiará a conservación e promoción das distintas razas autóctonas de Galiza", afirmou Olalla Rodil
A cabeza de lista do BNG por Lugo visitou a V Feira de Razas Autóctonas do Valadouro, "unha actividade importante para a promoción do noso patrimonio natural"
Rodil anunciou un plan de protección e recuperación do cabalo galego de monte "atendendo ao seu importante papel na preservación de hábitats de interese prioritario"
Lugo, 03 de febreiro de 2024. Olalla Rodil, cabeza de lista do BNG por Lugo, xunto coa número 3 da candidatura, Montse Valcárcel e cargos orgánicos e institucionais do BNG, achegouse ata O Valadouro para asistir á V Feira de Razas Autóctonas, organizada pola Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega "Puraga", onde anunciou as iniciativas do BNG para o patrimonio natural e a biodiversidade. Olalla Rodil explicou que "desde o BNG aplicamos os principios de protección ambiental, precaución e prevención do cambio climático como liñas chave para as nosas propostas a respecto do medio natural e da conservación das nosas razas autóctonas".
Segundo Olalla Rodil, "o PP desde a Xunta de Galiza promoveu nos últimos anos varias reformas legais que crean unha auténtica barra libre para os grandes proxectos depredadores do territorio". A lexislación actual facilita a aprobación destes proxectos pasando por riba dos intereses dos concellos e das persoas propietarias e constitúen unha gravísima ameaza para hábitats e especies que deberían gozar da máxima protección por estar declarados de interese comunitario e de interese prioritario.
"O medio natural do noso país está a padecer un continuado deterioro que é urxente reverter, xa que a súa conservación e protección do ten indubidábeis beneficios ecolóxicos, sociais, para a saúde e para a prevención do cambio climático" declarou Olalla Rodil, que engadiu "ten ademais grandes potencialidades económicas se impulsamos desde a Xunta de GAliza un desenvolvemento racional, responsábel e respectuoso co territorio e as comunidades locais".
No refrerente ao cabalo galego, Rodil anunciou un plan de protección e recuperación elaborado desde o punto de vista históricon etnográficon cultural, social e económico, que atenda ao seu importante papel na preservación de hábitats de interese prioritario. "Ademais, traballaremos na creación dunha rede de centros de recuperación da fauna salvaxe, e aumentaremos a formación a respecto desta fauna e do benestar animal".