A CANDIDATA DO BNG APOSTA “POLA CREACIÓN DUNHA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E A RECUPERACIÓN PATRIMONIO HISTÓRICO”

Iria Castro encabezará en Castroverde a candidatura do BNG ás eleccións municipais

IMG_8372
Iria Castro

“A xuventude temos que ter a oportunidade de vivir en Castroverde, con servizos e emprego á altura do século XXI” afirmou Iria Castro

Iria Castro encabezará en Castroverde a candidatura do BNG ás eleccións municipais

Castroverde, 31 de marzo de 2019. O BNG presentou á candidata á alcaldía no concello de Castroverde. Iria Castro será a persoa que encabece a lista do BNG para as eleccións de maio substituindo ao actual voceiro municipal Xosé Gómez do cal dixo “quero agradecerlle todo o traballo e destes anos e a implicación con Castroverde e co BNG”. Iria Castro anunciou que o BNG apostará “pola creación dunha Escola Municipal de Música e a recuperación patrimonio histórico”.

Unha das primeiras actuacións do BNG sería a recuperación e sinalización do patrimonio histórico: por exemplo, promoción do Camiño Primitivo polo trazado histórico e recuperación da Torre para usos culturais. “En relación ao patrimonio inmaterial, potenciaremos a creación dun museo etnográfico para recuperar e manter os oficios e saberes tradicionais do concello” afirmou Iria Castro e engadiu “tamén impulsaremos a creación dun pequeno centro multiusos onde se poidan programar actividades socioculturais”.

“A xuventude temos que ter a oportunidade de vivir en Castroverde, con servizos e emprego á altura do século XXI” afirmou Iria Castro que sinalou a necesidade de actuar na promoción económica para crear posibilidades laborais “nun concello que ten todos os aderezos para ter unha elevada calidade de vida”. A candidata do BNG tamén apostou por impulsar a creación dunha escola municipal de música “dada a gran tradición musical de Castroverde”.

Iria Castro encabezará en Castroverde a candidatura do BNG ás eleccións municipais